Teatro dos Ghazafellos estrea ‘O vendedor de fume’

O espectáculo infantil inclúese na programación da festa das letras de Narón

A compañía naronesa Teatro dos Ghazafelhos estrea este mércores 17 de maio a súa nova produción teatral, O vendedor de fume. Será na Praza da Lectura da súa propia vila ás 11h30, dentro da programación N de Narón, a festa das Letras coa que o Concello de Narón conmemorará o Día das Letras Galegas. Dirixido a nenas e nenos de 6 anos en diante e ás súas familias, O vendedor de fume é unha obra de teatro actoral onde tres personaxes interactuan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Este espectáculo, cargado de humor, conta a historia dun vendedor de remedios que chega a unha vila e os oferta á veciñanza para curar males, axudado por uns pícaros cómplices que estarán entre o público. Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006. Inicianse con pequenas obras de títeres, contacontos e teatro de rúa, e especialízanse en teatro actoral. Ghazafelhos compóñena Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas.