En decembro do ano pasado a investigadora Rebeca Blanco Rotea presentou, nunha conferencia no Museo Provincial de Lugo, as conclusións dunha investigación levada a cabo no monumento de Santalla de Bóveda que transformaban en gran medida a interpretación do sitio. Bóveda se convertera nun emblema da Gallaecia romana e numerosos investigadores tentaran descifrar a simboloxÃa e a configuración do monumento como santuario de algunha deidade romana que logo sobrevivira coa construción dun edificio de culto cristián. Blanco Rotea adiantara unha lectura diferente do monumento a partir do uso de novas técnicas como as datacións por radiocarbono e por luminiscencia, aplicados a morteiros e tixolos empregados no edificio. Para a investigadora, Bóveda contara con catro fases, da cal a máis antiga era da metade do século IV d.C., pero na que os coñecidos frescos interpretados como simboloxÃa sagrada romana situábanse na primeira metade do século 7 d.C. seguidos dunha fase plenamente medieval desde finais do século X ata a primeira metade do XII. Os achados chocaban, xa que logo, coa idea de Bóveda como un templo pagán romano e abrÃan suxestivas novas vÃas nas orixes da arquitectura prerrománica do Noroeste peninsular. Agora, os resultados acaban de ser publicados no último número da revista especializada internacional Journal of Cultural Heritage, nun artigo liderado polo profesor da Universidade da Coruña Jorge Sanjurjo, detallando o proceso de obtención e procesado das 34 mostras empregadas para as datacións, e confirmando o avanzado por Rebeca Blanco á veciñanza luguesa.