A primeira edición do Premio Illa Nova de Narrativa, que convoca a Editorial Galaxia para autores e autoras de ata 35 anos ten xa gañadora. Vanesa Santiago é á flamante vencedora desta xeira inaugural coa súa novela A vida sinxela de Marcelo Firmamento, "reinterpretación das novelas de viaxes cunha comuñón moi marcada co universo do mar e as súas lendas", segundo apunta a organización do premio. A autora recibirá 3.000 euros en metálico e verá publicado un traballo no que o xurado valorou
"a contrución tanto da mecánica interna como global da novela, a elaboración de imaxes de gran potencial evocador, a creación dun universo con elementos máxicos que está perfectamente integrado e consegue fuxir dos estereotipos. A novela resalta polo coidado da procura da palabra exacta, con imaxes moi potentes". Ismael Ramos, Nuria Piñeiro Yáñez, Berta Dávida, Mario Regueira e Inma López Silva, foron responsables da selección. O galardón entregouse nun acto en Vigo na tarde do pasado sábado.
Na mesma data o Concello de Bueu daba a coñecer o fallo do XX Premio de PoesÃa Johán Carballeira, que foi para MarÃa Reimóndez polo seu poemario Galicia en bus. O xurado composto por Pura Tejuelo, Ramón Nicolás e AntÃa Otero destacou da obra o "se tratar dun libro de poemas que recrea asuntos como a memoria e a identidade a través da perspectiva de xénero, articulando un percorrido territorial que se estende desde o Ãntimo ata o cartográfico". A autora recibirá un premio en metálico de 1.500 euros e verá a súa obra publicada por Edicións Xerais.
Tamén o Concello de Carral fallou a vixésima edición do seu certame de poesÃa, que gañou por segunda vez Xosé LuÃs Mosquera Camba con Das árbores tropicais e do amor. O autor, que xa se impuxera na décima xeira do certame, viu recoñecido o seu traballo con 2.500 euros en metálico e a publicación da obra en Espiral Maior. Teresa Seara, Inma Otero, Modesto Fraga e a concelleira de Cultura Margarita Ramilo Varela, co técnico municipal de cultura Carlos Lorenzo Pérez como secretario foron os responsables da selección.