Jean-Georges Noverre (1727 1810), bailarín francés e profesor de ballet está considerado como o creador do ballet moderno a súa data de nacemento, o 29 de abril, foi a escollida pola Unesco no ano 1982 para celebrar o Día Internacional da Danza. O Instituto Internacional do Teatro (ITI/UNESCO) encargou este ano a mensaxe conmemorativa á bailaria e coreógrafa estadounidense Trisha Brown antes do seu falecemento o pasado mes de marzo e elaborouse finalmente baseándose nos seus escritos, reflexións e declaracións. A danza en palabras de Trisha Brown- proxecta e amplía a linguaxe universal da comunicación, dando lugar á alegría e á beleza, ao avance do coñecemento humano. A efeméride celébrase tamén nas vilas e cidades do país de diferentes xeitos, nalgúns casos con programas máis amplos no tempo ou non exactamente no mesmo día. Na meirande parte dos casos estás celebracións fanse en base á danza popular, tradicional, urbana ou contemporánea , con poucas expresións arredor da disciplina do ballet clásico. O alumnado das diferentes escolas e centros de estudio de baile do país cobra especial protagonismo nos programas.
Na capital do país o evento dá pé a dúas citas diferentes no mesmo día 29, unha na Praza da Quintan e outra na Cidade da Cultura. O Centro de Danza y Artes escénicas Can Cun Quinqué, en colaboración coas diferentes escolas e centros de danza de Santiago de Compostela, promove varias actuacións abertas a todos os públicos que comezarán ás 12 cunha mostra do alumnado das escolas e a partirés das 17 horas con clases abertas e de balde. Ás 20 horas terá lugar unha actuación musical baseada na percusión e que tamén inclúe danza. Xa nas instalacións do Monte Gaiás será aCentral Folque quen organice un obradoiro de baile tradicional para crianzas conducido por Mercedes Prieto ao son de Serxio Cobos, que interpretará en vivo diferentes instrumentos como o acordeón, a gaita e percursións no Museo Centro Gaiás cunha entrada a prezo de tres euros. Os asistentes poderán descubrir e aprender xogos e bailes de roda galegos como o Xogo da Carrasquiña, o Chotis de Vilaxoánou o Gharutiño. E ademais recibirán unha introdución ás danzas dos maios, xa próximos no calendario. A actividade está pensada para todos os públicos a partir de 5 anos e terá lugar o sábado 29 de abril ás 18 horas.
A Coruña dedícalle actividades durante tres días a esta celebración coa participación das asociacións locais Donaire, Son daquí e Xacarandaina e tamén enfocándose no baile tradicional galego. Nesta ocasión, e co obxectivo de afondar no seu compromiso tanto co mundo tradicional como coa propia danza, o Goberno local prolonga a celebración da efeméride e ofrece unha programación, organizada en colaboración coas tres entidades de música e baile tradicional locais, que se estenderá polas rúas da cidade desde o venres, 28 de abril, até o domingo 30. Deste modo, o venres 28 de abril, e desde as 19.30 horas, a Asociación Cultural Donaire iniciará a programación municipal do Día da Danza 2017 cun percorrido que partirá da praza de Lugo, para continuar polos xardíns de Méndez Núñez e a avenida da Mariña ata chegar a María Pita. Pola súa banda, Son Daquí comezará o seu pasacalles o día 29, ás 18.30 horas na praza dos Avós. A agrupación percorrerá o barrio de Monte Alto a través do Campo de Marte e o Campo da Leña. Desde alí, a formación desprazarase até a praza de Azcárraga para, a continuación, ofrecer unha última actuación na praza de María Pita. Finalmente, o domingo 30, e tamén desde as 18.30 horas, Xacarandaina partirá da praza Recife cara a María Pita, e contará coa actuación de todas as súas agrupacións, de idades que comprenden desde os 3 até os 70 anos. O percorrido completarase ao paso pola praza de Pontevedra, Santa Catalina, Obelisco e rúa Real.
En Lugo foron aínda máis madrugadores e extensos e xa levan desde o martes 25 celebrando a Semana da Danza, un programa que fan por sexto ano consecutivo con actividades para todas as idades e que conta co especial protagonismo do Conservatorio de Danza da cidade que achega tamén representacións de danza clásica. Hoxe está previsto ás 20 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire un Concurso Coreográfico, coa presentación dos traballos coreográficos sobre Rudolf Von Laban por parte do alumnado do Conservatorio de Danza. No mesmo sitio e á mesma hora o sábado terá lugar un acto colectivo de conmemoración do Día Internacional da Danza coa participación de diversos centros de ensino de danza clásica e contemporánea de Galicia, Asturias e Castilla y León. O domingo pecharase a programación desta Semana da Danza ás 18:30 horas no auditorio cunha actuación de fusión de danza das escolas de Lugo Mercedes Castro, Victoria Gil, Gravitty, Star Danza, Espazo Artístico 10 e Teresa Neri. Ademais disto haberá durante o sábado e domingo pola tarde diversas actuacións de rúa destas escolas . Hoxe venres ás 17:00 horas na Residencia de Maiores das Gándaras actuará Espazo Artístico 10. Ás 19:00 horas na Praza de Augas Férreas será a quenda de Victoria Gil. O sábado 29 de abril serán na Praza maior onde ás 16:30 horas e 18:30 farán unha exhibición as escolas Gavitti e Espazo Artístico 10.
Tamén será estudantes de escolas de baile as protagonistas dos eventos que se celebrarán en Ferrol. Arredor de 150 alumnas de oito escolas de danza de Ferrol protagonizarán este domingo, a partir das 18:30 horas no Auditorio Municipal, a gala coa que o concello conmemorará a efeméride. A Escola de Danza Matilde Pedreira, Mundo Danza, Estudio de Danza Allegro, Estudio de Danza Paloma, Escola de Danza Suso Pérez Lago, Club Esquío, Renbu-Kan e a Escola Shakti Danza de Rosa Salanova protagonizarán o festival. O alumnado de cada un dos centros presentarán coreografías en diferentes estilos desta disciplina artística, como clásico, contemporáneo ou jazz. Algunhas destas escolas tamén estarán presentes previamente na veciña Narón participando na II Gala do Día Internacional da Danza que terá lugar esta tarde, a partires das 18.00 horas, no Centro Comercial Odeón, de Narón.
En Vigo a conmemoración deste Día Internacional da Danza faise a través de dúas representacións incluídas dentro do seu programa cultural mensual e a cargo de compañía de danza profesionais. A compañía Traspediante en colaboración con Pistacatro Produtora de Soños ofrece hoxe venres Up2Down, un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o funambulismo; creando un universo singular. As bailarinas Marta Alonso & Paula Quintas interpretan a dúas personaxes definidas polo seu status antagónico: o alto e o baixo; a funambulista -etérea e ideal-, a paiasa -terreal e mundana-. O Auditorio Municipal do Concello acolle hoxe este espectáculo ás 21 horas. No mesmo escenario pero xa o domingo e ás 18 horas outro espectáculo de danza conmemorará a celebración. Eva y Adán, da compañía Otradanza fará unha adaptación contemporánea do mito bíblico desde o corpo e as súas posibilidades. Un espectáculo de danza actual. Danza para toda a familia na que a primeira muller e o primeiro home se miran con curiosidade, descóbrense similares e gozan duna vida salvaxe e idílica. Xa na iniciativa privada cabe destacar a programación da sala de Vigo, teatro ensalle, que se mantén fiel ao seu compromiso coa danza todo o ano e que nesta finde semana ofrecerá tres representacións a cargo da compañía Provisional Danza, da coreógrafe Carmen Werner, dun solo de danza: Allí donde las flores mueren, interpretado por Laura Cuxart. Allí donde las flores mueren é a historia dunha sedución contada ao revés a través da danza contemporánea: do pasado ao presente. A obra estará en cartel venres, sábado e domingo.
En Sada tamén será unha compañía profesional, FusionArte, a que presentará un espectáculo de danza, música en directo e audiovisuais para celebrará a efémeride por parte do Concello. FusionArte levará a escena A Peregrinaxe da Vangarda na Casa da Cultura Pintor Lloréns ás 20:00 horas con entrada libre. Nesta representación un músico convertido en peregrino (Álvaro Murás) é guiado cara a Vangarda por unha musa (Mari Ah!) que escapou doutra dimensión. Un espectáculo con música en directo e danza que experimenta cos movementos da danza clásica, da contemporánea e do flamenco.
Outras vilas tamén lle prestan especial atención a celebración do Dia Internacional da Danza. Como é o caso do Concello do Valadouro que organiza, este sábado 29 de abril ás 20:30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura, unha exhibición de baile a cargo da Asociación Cultural Amado Lar e o Clube de Baile Deportivo Goldance, ó final desta haberá unha Master Class gratuíta de baile social impartida por Dimas Fernández Ron (mestre da Escola Goldance). O Concello de Oleiros oferta un obradoiro de hip-hop que terá lugar na Escola Municipal de Danza o día 29 de abril ás 11:30 horas e ás 18:30 horas, terá lugar o espectáculo A Orixe no Auditorio da Fábrica. O espectáculo Latente de Paula Quintana, poderá verse hoxe venres no Centro Cívico Cultural de Arteixo ás 20.45 horas e outro espectáculo Ulises e a nena durmida, de Anxela Blanco tamén subirá hoxe ao escenario no Pazo da Cultura de Carballo ás 21.00 h, dentro da mostra Primavera en Danza. En Lalín a o grupo lalinense Scene Ballet, reunirá gran parte da escola para celebrar un evento no Salón Teatro. A partir das 18.30 horas na capital do Deza se representarán varias pezas de distintos estilos de danza, tales como clásica, lírica, jazz, contemporáneo, hip-hop, urbano, entre outros a cargo de alumnos e alumnas de entre 3 e 22 anos.