Berrobambán chega Adeshoras

Salvaterra acolleu a estrea do novo espectáculo familiar da compañía

Poemas de Jacques Prévert son a base sobre a que Paula Carballeira desenvolveu o novo espectáculo da compañía Berrobambán. Salvaterra do Miño acolleu o pasado sábado 22 de abril a estrea de Adeshoras, unha montaxe para espectadores a partir de seis anos que aproveita contos tradicionais para explorar temas como a soidade ou a vellez. Nuria Sanz como Carrapuchiña e Chiqui Pereira como Lobo poñen nas táboas un espectáculo que a compañía define como "mudo, tenro,
e surpreendente". A montaxe contou co apoio das axudas á produción escénica da Axencia Galega das Industrias Culturais.