
Xuntando tamén a voz literaria da escritora coa música o Conservatorio Superior de Música de Vigo súmase ás celebracións do Día das Letras Galegas ofrecendo un concerto organizado desde o equipo de Dinamización da Lingua galega do Conservatorio o vindeiro día 14 de maio no Auditorio Martín Códax do centro. Neste evento alumnado e profesorado do CSM Vigo ademais do Coro e Orquestra Son das flores, en colaboración con los departamentos de Canto e Produción e Xestión, porán música e voz á obra de Villalta como homenaxe á autora que concibía a poesía como palabra melódica e que cultivaba a arte musical como violinista.
Alén disto, desde a escena musical do país tamén lévanse a cabo iniciativas como a presentada por A Banda da Loba. Esta formación ven de presentar un tema, co seu vídeo, dedicado á Luisa Villalta usando un dos seus textos como base e reivindicando dela o seu activismo. "E o mar" é unha homenaxe ao seu compromiso con diversas causas, representado este activismo na proposta visual a través de catástrofes ecolóxicas como os verquidos do Prestige ou a recente crise dos pellets plásticos.