Este venres 10 de maio, ás 19:30 horas, o Museo de Pontevedra abre as portas da primeira cita do seu novo proxecto Infiltracións. A creadora fonsagradina Mónica Alonso inaugura este ciclo de exposicións no que diferentes artistas dialogan coa colección do centro. A proposta de Alonso propón un percorrido por quince obras que se artella a partir dos tons de pel representados nelas.
Segundo explica a presentación do proxecto, a mostra "trata de catalogar unha selección de peles de personaxes que se representan en obras do museo, extraendo deses cadros ou esculturas as cores da pel, revelándoas ante o espectador". A escolma abrangue "distintas tipoloxÃas de pel e de materiais utilizados en cadros e esculturas", segundo sinala o centro.
Pezas barrocas, unha escultura de Leiro, obras de Maruja Mallo, Sotomayor, Souto ou Castelao fan parte desta selección. As obras acompáñanse de mostras onde se poden ver, illados, os tons cutáneos presentes nas mesmas.
Para esta presentación, Alonso ficciona a existencia dunha coleccionista obsesionada cos tons de pel que contrata á súa vez a un copista para reproducir as cores presentes no cadros da exposición. O caderno deste suposto copista preséntase tamén coas fórmulas que permiten recrear os tons das obras expostas.
Alonso dedicou boa parte da súa carreira artÃstica ao traballo coa cor e os seus efectos terapéuticos e mais sobre os estados de ánimo. A exposición, comisariada por Iñaki MartÃnez Antelo, poderá visitarse ata o vindeiro 15 de setembro.