O TSXG paraliza cautelarmente parques eólicos por achados arqueolóxicos

Son os polígonos do Acibal e Castro Valente

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia adoptou medidas cautelares na construción dos polígonos do Acibal (Barro, Campo Lameiro, Moraña) e Castro Valente debido á aparicion de restos arqueolóxicos. No caso do Acibal, suspendeuse a execución da resolución da Xunta que lle outorgaba á empresa Norventa o permiso de construción do parque debido a que as actuacións "afectan aos hábitats de interese comunitario e de especies catalogadas situadas no humidal das Brañas de Amil, así como nos petróglifos alí situados, ao igual que no monte Acibal e no curro de Amil". Tamén o pasado 24 de abril de 2024 fíxose pública a suspensión cautelar do parque eólico de Castro Valente (A Estrada) ante o risco de afección ao xacemento arqueolóxico e a súa paisaxe.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TSXG, Paisaxe, Arqueoloxía

Claves

Entidades