Cada vez máis propostas están a amosar o bo momento creativo que vive a banda deseñada galega, en particular na súa vertente máis alternativa. Neste último mes estamos a ver unha nova xeira de lanzamentos que amosan o potencial de autores e editores do paÃs que optan por propostas vangardistas e minoritarias no campo da novena arte. Deste xeito, este mesmo mes de abril a editora viguesa Fosfatina presentou Zona Hadal, unha obra na que o cacereño Roberto Massó experimenta propostas narrativas arredor da viaxe dun submarino polos espazos máis profundos do océano. Pola súa banda, a editora de Guadalajara Apa-Apa acaba de lanzar Fragmentos seleccionados do galego Andrés Magán. Na que é a súa obra máis longa ata o momento, o autor galego presenta en 128 páxinas unha escolma de historias curtas na que aborda diferentes técnicas e propostas narrativas nas que predomina un fondo de inquietude e misterios.
Desde Ourense, pola súa banda, Foster Ediciones acaba de presentar o número seis do seu fanzine Finnegans. Cunha tiraxe limitada de 150 exemplares, esta proposta recolle traballos de Pepa Prieto Puy, Sergio Covelo, SimonÃas Blankowski, Teresa Ferreiro, Paula Esteban, Duendeverde Blake, Manuel Barreiro, Rubén Rial, Elena Morales, Jose Angel Ares, Jorge Campos, Red.S, Fritz, Urbanoscar e O Pirandárgallo.