A Fundación SGAE e a Asociación Galega de Compositores convocan a segunda edición do ciclo Música Actual Galega , unha serie de concertos que ten como obxectivo incentivar a programación do repertorio clásico galego dos séculos XX e XXI. Na cita ourensá interpretaranse a piano e voz as obras Na Xanela de Luis Carro; Sós de Juan Durán; MariNana de Julio Montero; Nouturno deLuis Carro; Romance de ArlequÃn de Julio Montero; Amor de Gloria R. Gil; Eu ben quixera de X. Comesanha e Le cimetière marin de Xan Viaño. Case todas a sobras son de estrea absoluta neste concerto que terá lugar no Liceo de Ourense, con acceso gratuÃto, o sábado 25 de marzo (19:30 horas) coa participación das voces de Patricia RodrÃguez e Gabriel Alonso e o piano de José Manuel Yáñez. Está é a terceira cita deste evento itinerante que xa comezara en Santiago en decembro e tamén tivo outra cita en Vigo. O pianista José Manuel Yáñez, foi fundador do TrÃo Groba e integrante da Orquestra de Cámara Galega, tocará este repertorio con dúas grandes voces. Patricia RodrÃguez é titulada profesional en Piano e titulada superior en Canto; colaborou co coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e co coro da Ópera de Oviedo, entre outros. Gabriel Alonso é titulado profesional en Canto e Saxofón; foi representante galego no concurso Intercentros da Fundación Orfeo e Mellor Intérprete de Zarzuela no concurso Amigos da Ópera de Santiago de Compostela.