A celebración literaria das letras galegas deste ano dedicadas a Carlos Caasres, refórzase con dous novos volumes que saen estes dÃas do prelo sobre a súa obra e figura. A USC e a editorial Trifolium coinciden en alumear os dous volumes nesta semana. A Universidade de Santiago, na súa colección adicada ás Letras Galegas, ven de sacar o libro Casares en Compostela. Universidade e literatura, no que a propia institución se ve como un personaxe máis no percorrido vital do autor ourensán. O libro está coordinado por Henrique Monteagudo, Xosé Manuel Salgado e Dolores Vilavedra e conta con outras achegas. Nesta obra cóntase o percorrido vital de casares desque chega a Compostela no ano 62 con vinte e un anos, para estudar FiloloxÃa Románica na, daquela, Facultade de FilosofÃa e Letras. Segundo se apunta na sinopse da obra a súa relación coa universidade compostelá foi breve pero moi intensa e a súa pegada, para alén do estritamente biográfico, prolongouse tanto na súa obra de creación coma na súa faceta de investigador da historia da literatura galega, que tivo orixe, en boa medida, nas inquedanzas xurdidas nas aulas e nas rúas compostelás.
O vindeiro sábado dÃa 25, as 12,00 horas, presentarase no Liceo de Ourense o libro titulado Casares, do que é autor Ramón Loureiro. Loureiro viaxa a través da súa propia memoria para construÃr un volume estruturado en tres bloques: o primeiro á case unha carta, unha carta que vai dirixida tamén aos lectores do futuro; o segundo é unha viaxe pola biografÃa de Casares; e por último, a conversa, nalgúns sentidos xa case lendaria, que Carlos e Ramón mantiveron uns dÃas antes da morte do autor de Vento ferido. Inclúe este libro, ademais, doce fotografÃas tomadas por Ramón durante aquel último encontro. As fotografÃas, que non naceron para ser publicadas, e que nos amosan a Casares dÃas antes do seu inesperado falecemento, adquiren hoxe un valor excepcional.