Como está a ser habitual nestes anos, a conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, suscita unha multiplicidade de iniciativas culturais. Audiovisual, teatro, premios ou exposicións visibilizan hoxe desde diferentes perspectivas a problemática de xénero e a loita pendente por unha igualdade real. Propostas que se estenden alén deste día e que marcan a axenda cultural de boa parte do mes por todo o país.
No Concello da Coruña a celebración da data levou á declaración dun festivo local, no que se desenvolverán diferentes actos culturais e reivindicativos. Entre outras propostas, a cidade acollerá o roteiro Traficando con peixe e cigarros: mulleres, traballos e saberes da cidade, no que se fará un percorrido pola historia dos distintos colectivos de mulleres que mudaron a realidade coruñesa. Unha feira de creadoras e artesás, unha foliada ou a exposición Desenfocadas: imaxe feminina nas revistas dirixidas a rapazas novas son algunhas das propostas de conmemoración. Os Museos Científicos súmanse á celebraciónn cunha xornada de portas abertas.
Actividades do Concello da Coruña polo Día da Muller
Premio Xohana Torres
En Compostela, esta mañá dábase a coñecer o resultado do I Premio Xohana Torres De ensaio e creación audiovisual sobre a memoria histórica das mulleres de Compostela. A investigación de María Reimóndez Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro tradutora feminista en diálogo con Erín Moure impúxose na categoría de ensaio, quedando deserto o apartado audiovisual. A análise de Reimóndez venceu os outros tres traballos presentados cunha análise desde a Teoría da tradución feminista e postcolonial no que enfronta o labor da histórica poeta compostelá co da tradutora atual Erín Moure. O galardón está dotado con 2.500 euros e a publicación da obra polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
Bases do premio Xohana Torres
Territorio das mulleres
Canda a isto, o Concello promoveu o un amplo programa no marco da iniciativa Compostela Territorio das Mulleres. Un obradoiro de gráfica feminista, propostas de visibilización en librarías, representacións das obras Té con Kant e As fillas bravas ou a exposición Elas, que amosa 38 obras de pintoras galegas son algunhas das propostas. Destaca tamén no programa a iniciativa Bravas e diversas. Este espectáculo teatral e musical producido por Chévere está conducido por Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar e conta coa participación de Clara Gayo, Esther Carrodeguas, Renata Otero, Marta Alonso, Menina Arroutada&Glitch Girl e Leilía. A montaxe xurdiu de varios obradoiros sobre cuestións de xénero con persoas e colectivos da cidade.
Actividades polo Día da Muller en Compostela
Arte contemporánea
A Rede Museística de Lugo conmemora a data coa celebración simultánea, nos seus catro centros, do proxecto nós+outrxs en rede. Ata o 30 de abril nove artistas (Elvira Fente, Violeta Bernardo, Carmen Porteiro, Julio Leira, Kristopher (Kris) Dios Barreiro, Crystilandia, Laura Varela, Lucía Vila e Cristina Basanta) desenvolverán microproxectos individuais, "produto das súas particulares reflexións arredor das problemáticas de xénero", segundo explica a entidade organizadora. Cada artista realizará tamén un obradoiro "co que se pretende establecer un diálogo con diferentes colectivos sensibles".
nós+outrxs en rede no web da Rede Museística de Lugo
Teatro, museo e banda deseñada
En Pontevedra presentouse esta mañá a versión en galego da obra de Diana López Varela Non é país para conas. Pola súa banda, o Museo Provincial realiza ata o día 10 unha serie de visitas guiadas co título Ocultas trala representación: A imaxe da muller na arte, nas que se percorre a presenza feminina neste ámbito, a amosar como o papel das mulleres creadoras foi a miúdo ignorado e silenciado. Tamén na Cidade do Lérez se fallaron esta mañá os I Premios de Banda Deseñada Virxinia Pereira a prol da igualdade, para os que se recibiron 21 traballos. Ítaca de Francisco Pérez Outes fíxose cos 2.000 euros do primeiro premio, mentres que Unha calquera de Pablo Prado Fernández quedou en segundo posto e Adán Álvarez Rivas fíxose co terceiro polo seu traballo Encontros na noite. O xurado acordou tamén outorgalle un accésit á obra O meu fogar de Elísabet García Aires.
Actos polo 8 de marzo no web do Concello de Pontevedra
Premios Virxinia Pereira no web do Concello de Pontevedra
Actividades do Museo de Pontevedra polo 8 de marzo
Música
Desde as áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña promoveuse a creación do vídeo Hemisferios. 8 voces. 8mulleres. 8 de marzo. No mesmo, Uxía, Ugia Pedreira, Alba María, Sonia Lebedinsky, Carmen Rey, Pilocha, Belém Tajes e Silvia Penide interprentan por xunto un tema que "fala da aceptación das nosas diferenzas, da nosa diversidade, que conduce á aceptación de nós mesmas, non só de maneira individual senón como grupo. Só se nos coñecemos verdadeiramente podemos chegar a avanzar", segundo explicou Alba María, autora da letra e da música da canción.
Presentación do proxecto Hemisferios
Mulleres sobranceiras
A Cidade da Cultura non escapa á data, e o Arquivo de Galicia abría esta mesma mañá a segunda edición do proxecto Mulleres sobranceiras. Neste ano, a iniciativa desenvolve unha mostra sobre María Moreira, deseñadora que tivo un importante papel no recoñecemento do téxtil do país ao longo dos anos 80. A mostra, que recupera cincuenta pezas de de 50 pezas do arquivo profesional da creadora, poderá verse ata o vineiro 17 de marzo e inclúe deseños, correspondencia e fotografías que percorren o proceso creativo da homenaxeada.
Mulleres Sobranceiras no web da Xunta
Audiovisuais
Pola banda audiovisual, multiplícanse as propostas. O xa habitual ciclo de cinema Olladas de muller, volve ao Centro Galego de Artes da Imaxe, na Coruña, da man desta entidade e do Consello da Cultura Galega. Desde onte e ata o vindeiro 11 de marzo, poden verse neste espazo filmes que buscan visibilizar a problemática de xénero desde diferentes perspectivas, con producións como Las reinas de Siria, Migas de pan, El futuro perfecto ou Visións.
Olladas de Muller no web do CCG
En paralelo, esta noite coinciden dúas retransmisións de homenaxe a figuras femininas históricas. Por unha banda, a TVG estrea o filme Juana de Vega, no que se presenta a figura da que foi pioneira na defensa da igualdade no século XIX e preceptora da raíña Isabel II. Pola outra, o xornal El País retransmite o documental A palabra xusta, que repasa a vida da pedagoga galega Antía Cal.
Presentación do filme Juana de Vega
El País presenta A palabra xusta
Ademais, a produtora Illa Bufarda e a ONG Amarante-Setém, acaban de facer público na rede o documental Fíos fóra, que retrata o traballo de operarias do sector téxtil galego.
Web de Fíos Fóra
Tamén no Concello de Vigo o audiovisual ten un especial protagonismo nos eventos por mor desta data, cun ciclo que se prolonga ata o día 14 e inclúe os filmes Talleres alomarti. Sociedad la artística, Dez centímetros máis perto do ceo, e As sufraxistas. A cidade entregará tamén o vindeiro 17 de marzo o V premio de igualdade Ernestina Otero a Rosa Cobo, e celebra este sábado 11 unha Festa pola Igualdade que contará coa actuación de Uxía e João Gentil.
Programa do Concello de Vigo polo 8 de Marzo
Evidentemente non son estas as únicas propostas culturais con nome de muller na axenda. Por todo o país hai concertos, premios, exposicións e iniciativas de visibilización que aproveitan a cultura e a creatividade para reivindicar o papel das mulleres na nosa sociedade.