
A iniciativa, que dirixe o propio director do CGAC, Santiago Olmo e comisarÃan Armando Montesinos e Mariano Navarro, "pretende facer visible a existencia de criterios e interpretacións crÃticas que conformaron discursos e liñas teóricas diferentes, en ocasións con elementos compartidos e noutras claramente enfrontados, o que desmente asà o lugar común de que no mundo da arte española non houbo un pensamento crÃtico". Durante o perÃodo tratado desenvolvéronse fondas transformacións no mundo da arte, co desenvolvemento de cuestións como "as problemáticas do mercado, a plena incorporación das mulleres ás prácticas artÃsticas, ou a nova figura do comisario de exposicións"
O proxecto complétase co ciclo Tentativas crÃticas, un ciclo de debates que culminará coa edición dunha revista. Dora GarcÃa, Martà Manen, Isidoro Valcárcel Medina, Montse BadÃa, José Maldonado, Alberto Ruiz de Samaniego, Juan Navarro Baldeweg, Miguel Fernández-Cid ou Guillermo Pérez Villalta son só algúns dos nomes que participan nesta iniciativa, que se poderá seguir ata o vindeiro seis de maio.