A lisboeta Fausta Cardoso gaña o IIº Premio Antón Risco de Literatura Fantástica

O xurado tamén destacou dúas obras finalistas que poderán ser publicadas

Á obra co título DORMIR COM LISBOA, de Fausta Cardoso Pereira (Lisboa, 1977), resultou a elixida polo xurado do IIº Premio Antón Risco de Literatura Fantástica. O Premio Antón Risco de Literatura Fantástica está convocado pola Fundación Vicente Risco, Urco Editora, Auga Editora, Sacauntos Cooperativa Grática, Libraría Aira das Letras, Libraría Traga-Mundos, Pastelaría Fina Rey e Restaurante A Fábrica de Vilanova. O fallo do xurado, que se reuniu o pasado día 11 en Allariz, tamén destacou como finalistas a igualdade de puntos as obras presentadas baixo os títulos O NENO QUE SOÑABA COA LÚA e PENUMBRA as cales, logo de ser valoradas pola editora, poderán optar a seren publicadas, sempre que as súas autoras ou autores estean de acordo e contacten coa editora. A escritora lisboeta recibirá como premio 3000€ menos os impostos correspondentes e a publicación da obra.