A abandonar definitivamente os aires folk, Guadi Galego afonda na súa vertente máis pop con O mundo está parado. A intérprete achega no seu terceiro traballo seis temas propios, tres compostos por Carlos Abal e un de Pachi GarcÃa, que repite com produtor. O resultado, un álbum cheo de sentimentos no que sobrancea a voz da artista, con rexistros que van do Ãntimo ao pop clásico e que apostan por un son máis sofisticado que en anteriores traballos. O álbum preséntase nunha tiraxe limitada de mil exemplares en formato LP cun CD incluÃdo. Os cartafoles do disco inclúen cadansúa fotografÃa de Carlos Abal cunha colección de dez diferentes. Ademais, o álbum estará dispoñible en plataformas dixitais. Trisquel ArtesanÃa acolle esta tarde, a partir das 20 horas, unha sesión de sinaturas deste proxecto.