Sae á venda en España a última BD de Alex Cal para Estados Unidos

O debuxante vigués desenvolve unha activa carreira no mercado americano

Capa da edición americana do volume 2 de <i>Midnighter</i>
Capa da edición americana do volume 2 de Midnighter
Aínda que había un tempo que non tiñamos novas del, o debuxante vigués Alex Cal continúa unha intensa carreira no mercado estadounidense de banda deseñada. Nos últimos anos, e a asinar como ACO, o autor correu coa gráfica de series como Squadron Supreme para Marvel e Wonder Woman, Constantine, Infinite Crisis, Batman Eternal, Batman Futures ou Midnighter para editora DC. Precisamente acaba de ver a luz no Estado un volume que compila boa parte do seu traballo nesta última serie, para a que realizou polo momento oito entregas entre 2015 e 2016. Da man da editorial da man ECC Cómics Midnighter: Apolo recolle en 136 páxinas os números sete a doce desta colección, dos cales Cal asina todos agás o oitavo. Ademais destes proxectos, o vigués ten asinado capas de diferentes series con estas editoriais e adianta que ten xa novas encargas para o vindeiro ano.