O cineasta norteamericano Abel Ferrara visitará o festival de cine Curtocircuúito en calidade de programador amosando obras que considera fundamentais e manterá un encontro co público. Outros importantes nomes propios como o do documentalista ucraíno Sergei Loznitsa, o crítico norteamericano Jonathan Rosembaum ou o ex director da Fimoteca Nacional, Chema Prado entre outros salpican o programa de este ano con programacións, intervencións, encontros co público e obradoiros. A programación desta 13ª edición que terá lugar entre o 3 a o 9 de outubro presentouse hoxe no Pazo de Raxoi a cargo do director do festival, Pela del Álamo, que estivo acompañado do alcalde da cidade, Martiño Noriega; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e o director de AGADIC, Jacobo Sutil. As tres administracións forman parte do financiamento do festival a través de axudas outorgadas en concorrencia competitiva.
Para Martiño Noriega as cifras en crecemento que presenta está edición confirman a súa consolidación e boa saúde como cita audiovisual de referencia. Este ano foron 1.171 películas as inscritas a competición, procedentes de 77 países, e 65 delas entran a competir nas diferentes categorías, no que supón un incremento ao facer da sección Penínsulas de filmes españois unha categoría competitiva máis nesta edición. A curtametraxe gañadora desta sección pasará a ser finalista dos premios Goya automaticamente. Dez premios entréganse en Curtocircuíto, oito deles con contía económica. A transversalidade interdisciplinar volve ser unha marca característica do evento ao engadir diferentes propostas nas que a música é protagonista ou complementaria co audiovisual. Nos catro Live cinema previstos artistas visuais e sonoros exploraran as posibilidades expresivas de unir as dúas disciplinas creando ao mesmo tempo en directo ante o público. A inauguración do festival o 29 de setembro na Sala Capitol correrá a cargo dun Live cinema do dúo Música Prepost. Este ano súmase aos espazos do Curtocircuíto a nova Sala Riquela e haberá tamén proxeccións no CGAI, na Coruña. Del Álamo salientou na súa presentación o crecente número de producións a cargo de realizadoras que se poderán ver na sección competitiva, un 32,4% este ano, sendo a presenza feminina paritaria na categoría Planeta GZ de cintas galegas. O director do evento quixo destacar a presenza de tres cineastas galegos na sección oficial competindo en igualdade con realizadores internacionais Por méritos propios. Pola calidade do seu traballo, non por cotas. A programación xa pode consultarse no sitio web de Curtocircuíto e os dous concertos que se farán en colaboración co WOS anunciaranse ao longo desta semana.