O poeta Xosé Otero Canto, de Outeiro de Rei, resultou vencedor do XLII Certame Literario de Vilalba. O xurado, composto por DarÃo Villanueva, presidente da RAE, a xefa territorial de Cultura, Carmen Gueimunde, o director de Radio Principal Fidel Fernán, o xornalista Xulio Xiz e o concelleiro de Cultura José Antonio Pita, outorgoulle o primeiro premio ao seu poemario Telúrica. O concello daba a coñecer onte o resultado deste certame, que se presenta como o máis antigo de Galicia, e que conta cunha dotación de 3.000 euros para o primeiro premio. Ademais, a vilalbesa MarÃa Xosé Lamas fÃxose co segundo premio, de mil euros, polo seu poemario Sonetos preposicionais. A entrega dos galardón celebrarase o vindeiro 30 de agosto no Auditorio Municipal.