Sucédense a mostras de pesar polo falecemento de Fernández Paz

Entidades e persoeiros da cultura lembran a figura do escritor

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Fotografía de  Distrito Xermar (2013). Fonte: AELG.

Fotografía de Distrito Xermar (2013). Fonte: AELG.

Un día despois do seu pasamento, Galicia lembra con agarimo a figura de Agustín Fernández Paz. Persoeiros públicos, entre eles o presidente do goberno, Mariano Rajoy e da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, lembraron o autor. Tamén as deputacións do país, a Universidade de Vigo (da que era Doutor Honoris Causa) e moitas outras institucións amosaron o seu pesar pola desaparición do que era o noso creador máis internacional.

Desde o ámbito cultural, emitiron comunicados de pesar entidades como a Asociación de Editores, a de Escritores, a Mesa pola Normalización ou as editoriais Xerais e Galaxia. Aos comunicados sumanse textos a lembrar a figura do autor a cargo de Manuel Rivas, Ledicia Costas, María Solar, Mercedes Queixas, Xesús Fraga, Ramon Nicolás, Ramón Rozas, Jaureguízar, Manuel Jabois, Gerardo Uz ou debuxantes como Kiko da Silva ou David Pintor están a publicar artigos e debuxos e a encher a rede social de mensaxes, fotografías e lembranzas co escritor.

O corpo do autor permanecerá ao longo da mañá de hoxe, 13 de xullo, na sala número 9 do tanatorio de Pereiró, en Vigo. Para as 19 horas da tarde, segundo informa Edicións Xerais, está previsto que se desenvolva un acto na súa memoria no salón do tanatorio.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Agustín Fernández Paz: Un grande da literatura galega

Ver serie completa
Xerais publica o libro inédito de Fernández Paz 'Un mundo de palabras'

Xerais publica o libro inédito de Fernández Paz 'Un mundo de palabras'

A editorial anuncia outras publicacións inéditas do desaparecido autor

Agustín Fernández Paz: unha retrospectiva contada por el mesmo (e II)

Agustín Fernández Paz: unha retrospectiva contada por el mesmo (e II)

Fala sobre os seus inicios na literatura infantil e xuvenil así como da primeira normalización lingüística

Agustín Fernández Paz: unha retrospectiva contada por el mesmo (I)

Agustín Fernández Paz: unha retrospectiva contada por el mesmo (I)

Publicamos unha entrevista inédita ao gran escritor

Falece Agustín Fernández Paz

Falece Agustín Fernández Paz

O vilalbés revolucionou o mundo da LIX da nosa lingua e conseguiu un enorme recoñecemento internacional

Do mesmo ámbito