A enfermidade que arrastraba desde hai anos, e que non lle impediu continuar a súa actividade ata o último momento, acabou finalmente coa vida de AgustÃn Fernández Paz. Esta mañá falecÃa no seu domicilio de Vigo o que sen dúbida foi o autor actual cun maior recoñemento internacional das nosas letras. Os pésames á familia e as mostras de dó están a se espallar desde diferentes ámbitos da sociedade e da cultura do paÃs.
Nado en 1947, a súa extensa carreira fica vencellada de xeito crucial á literatura infantil e xuvenil, ámbito no que supuxo un auténtico renovador nas nosas letras. Foi con obras orientadas a este público que obtivo un destacado recoñecemento internacional, sen parangón entre os autores galegos, entre os que era o creador máis traducido a outras linguas. Habitual candidato ao premio Astrid Lindgren, considerado o principal galardón da Literatura Infantil e Xuvenil Internacional, ou ao Andersen, presente nas listas do IBBY e galardoado con diferentes premios en Iberoamérica ou Europa, Fernández Paz deulle unha proxección inédita a literatura galega e amosou o potencial dos nosos creadores fóra do paÃs.
Para alén dos recoñecementos internacionais, non cabe dúbida que o autor foi tamén un dos creadores máis queridos e admirados no seu propio paÃs. Homenaxes, Premios da CrÃtica, o Trasalba, nomeamentos honoris causa ou mesmo a proposta da Asociación de Escritores para que fose considerado para o Nobel amosan o seu predicamento na nosa propia cultura. Do mesmo xeito, as cifras de vendas do seu traballo confirman a súa pegada en varias xeracións de galegos, con obras que son xa clásicas das nosas letras. Contos por palabras, As flores radiactivas,Aire negro, O único que queda é o amor ou A viaxe de Gagarin son só algunhas das mostras máis recoñecidas da súa extensa produción.
O seu rexeitamento do Premio da Cultura Galega do ano 2010 como protesta polas polÃticas lingüÃsticas da Xunta amosan tamén o seu compromiso inquebrantable coa nosa lingua, que amosou tamén coa súa participación en múltiples iniciativas de dinamización ou coa colaboración coa plataforma Prolingua. Boa parte desta implicación deuse co seu traballo desde o eido educativo, no que participou en diferentes propostas de renovación pedagóxica como Avantar e Nova Escola Galega. En 2012 publicou en Xerais O rastro que deixamos, unha sorte de memorias artelladas en base a fragmentos da súa propia vida.
No texto co que presentou a súa ficha no web da Asociación de Escritores en Lingua Galega, el mesmo afirmaba que "algunhas noites de verán gústame tombarme na herba e contemplar o ceo que nos cobre. Sei que as estrelas que vexo escintilar no firmamento son as mesmas que viron nos tempos antigos, as mesmas que tamén fascinarán ás persoas do novo milenio que nos agarda. Un ceo amigo, que me leva a pensar nesoutro ceo de palabras e de libros que tamén comparte toda a humanidade. E sinto entón que a diversidade é o fÃo profundo que nos une a todas as persoas que vivimos neste vello planeta. Un planeta que é a nosa gran casa común, acubillada baixo esoutra colcha inmensa que polas noites se enche de estrelas e nos acolle a todos". Descansa agora xa para sempre baixo esa colcha.
Tres vÃdeos de AgustÃn Fernández Paz:
Entrevista en culturagalega.gal (2008)
Intervención de AgustÃn Fernández Paz na homenaxe que os Equipos de Normalización LingüÃstica dos centros de ensino lle renderon no transcurso do acto "1991-2011. Vinte anos dos Equipos de Normalización e Dinamización LingüÃstica", celebrado no Museo do Pobo Galego o 4 de xuño de 2011.
VÃdeo pertencente ao proxecto 21 DÃas co Galego do EDLG do IES Pobra do Caramiñal desenvolto en febreiro de 2014. Podes seguir esta actividade a través do blog 21diascogalego.blogspot.com.es