Filoloxía propon a Fernández Paz como Honoris Causa en Vigo

O recoñecemento súmase á homenaxe organizada na honra do escritor para o 30 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo acordou onte por unanimidade propor o nomeamento de Agustín Fernández Paz como Doutor Honoris Causa por esta institución. A proposta deberá aínda ser aprobada polo Consello de Goberno da Universidade para ser efectiva. Este recoñecemento coincide coa convocatoria dunha homenaxe nacional ao escritor que promoveu a plataforma ProLingua e que se desenvolverá en Vigo o vindeiro día 30. A inscrición ao encontro está aberta.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agustín Fernández Paz, Universidade de Vigo

Claves

Protagonistas
Lugares