Vigo nomea Honoris Causa un escritor e A Coruña organiza un encontro poético

Letras nas universidades

A Universidade de Vigo entregou onte na Cidade Olívica o doutorado Honoris Causa ó esccritor mexicano Carlos Fuentes a proposta da Facultade de Filoloxía e Traducción. Pola súa banda, a Universidade da Coruña organinza para mañá o encontro "Territorios da Poesía. Poesías Ibéricas", ó que acudirán poetas das catro linguas do estado.


Honoris Causa



No acto de entrega do doutorado Honoris Causa a Carlos Fuentes, o rector da Universiade de Vigo, Domingo Docampo, destacou a traxectoria profesional do novelista mexicano. Fuentes practicou na súa carreira xéneros tan diversos coma o ensaio, o guión de cine ou os artigos de opinión, todos eles cunha grande dose de innovación. Docampo fixo referencia ó "profundo anceio de liberdade e solidariedade" e á preocupación polas inxustizas do autor. Fuentes recibiu onte un exemplar de "Cantigas de Escarnho e Maldizer" con obras de trobadores galegoportugueses entre os séculos XI e XIII. Ademais, entregóuselle un anel como símbolo da capacidade de asinar e selar dictámenes, consultas ou censuras e unhas luvas brancas, símbolo de fortaleza e de dignidade.












Poetas en catro linguas


Territorios da Poesía. Poesías Ibéricas", é o título do encontro que se celebrará mañá no paraninfo de A Maestranza da Coruña. A este encontro, organizado pola Universidade da Coruña, acudirán poetas de todas as linguas que se falan no Estado Español, que realizarán reticais e discutirán sobre as situación da poesía en cada un destes idiomas. A conferencia inaugural correrá a cargo do director do Círculo de Belas Artes da Coruña, César Antoino Molina, e a continuación celebrarase un primeiro debate. Ás cinco da tarde realizarase un recital a cargo da poeta aragonesa Elena Pallarés, o basco Miren Agur Meabe, a galega Luz Pozo Garza, o catalán Carles Duarte e o canario Andrés Sánchez Robayna. Durante a xornada tamén se presentará o libro "Antologia Territorien der Liryk in Spanien", que recolle poemas de todo o estado. Outros poetas galegos que participarán son Luis G. Tosar e Gonzalo Navaza, correndo a clausura a cargo de Javier Gómez Montero, da Universidade de Tubinga, que disertará sobre "Linguaxe e Territorios. Cartografía identitaria da poesía en España". A asistencia ó seminario, financiado polo Ministerio de Educación e Cultura, é libre e gratuíta.