O ocordo consensuado na XXI Conferencia Internacional sobre Cambio Climático ou 21ª Conferencia das Partes (COP21), que aconteceu en ParÃs a finais de 2015, constitúe, sexan cales sexan as súas consecuencias prácticas nos tránsitos entre o desexable, o posible e o necesario, unha referencia ineludible no quefacer polÃtico internacional. Cando menos nas tentativas orientadas a reducir significativamente as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) co obxectivo de non incrementar a temperatura terrestre mais aló de 2 grados centÃgrados a finais deste século.
O triunfalismo co que o Goberno francés e a ONU presentaron o acordo ten máis que ver coa escenificación dun “éxito” que co recoñecemento dun fracaso como o da COP15 (Copenhague, 2009). Sendo a memoria feble, convén lembrar que na capital danesa a meta era reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 80% en 2050 con respecto aos niveis de 1990, para limitar tamén a 2 grados centÃgrados o aumento da temperatura no 2100. Daquela considerábase que as emisións terÃan que acadar os seu máximo en 2015, para iniciar un descenso que permitira recuperar as 350 partes por millón de CO2 a finais do século.
No Acordo de ParÃs se propón un lento decrecemento, que comezarÃa a mostrar as súas evidencias na década dos vindeiros anos vinte, sempre e cando a partir de abril de 2016 se desen as condicións para a súa entrada en vigor: que sexa ratificado por un mÃnimo de 55 paÃses que representen o 55% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro. Malia ser asinado hai unhas semanas por 171 estados, o texto foi ratificado polo momento só por 15, o que significa que é un “acordo” que aÃnda está no “punto cero” da súa aplicación, xerando mais dúbidas que certezas; entre outras, as de natureza técnica (como se vai verificar o seu cumprimento?), económica (como encaixa a axenda proposta na lóxica dos mercados?) ou polÃtica (será ratificado e asumido polos principais emisores de gases de efecto invernadoiro, caso de EE UU ou China?). Unha e outras prolongadas nas inquietudes de alcance educativa, social ou ética.
Sen respostas suficientemente comprometidas, mesmo congruentes co apremio que emerxe dos diagnósticos cientÃficos, semella que hai máis razóns para o optimismo da esperanza fronte ao pesimismo da razón. Dalgún xeito este é o valor que lle atribúe Christiana Figueres, secretaria da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático, ao acordado cando afirma que “despois de tantas negociacións fracasadas en cambio climático e noutros asuntos, este acordo abriu unha porta de esperanza e confirmación de que é posible chegar a acordos globais”. Sendo asÃ, calquera acordo, por limitado e impreciso que sexa, sempre serÃa mellor que volver á senda do fracaso, poñendo en xaque a polÃtica climática das Nacións Unidas.
Unha das novidades do Acordo de ParÃs reside na alusión explÃcita ao papel da educación e da comunicación na estratexia polÃtica que se propón: “as partes (dise no artigo 12) deberán cooperar na adopción das medidas que correspondan para mellorar a educación, a formación, a sensibilización e a participación do público e o acceso público á información sobre o cambio climático”. Sendo unha mención ambigua, non deixa de ser un paso adiante respecto a documentos precedentes.
Os compoñentes socioculturais tiveron até agora un rol secundario nas polÃticas que afrontan o cambio climático. Un bo exemplo é o tratamento desta dimensión nos sucesivos informes do Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC), reducida a unha lectura económica, considerada como a máis relevante na cuantificación do impacto potencial do cambio climático e das súas posibles alternativas no modelo de desenvolvemento vixente. Só no V Informe do IPCC se aprecia certo interese por incorporar a sociocultura para comprender como as distintas sociedades valoran os riscos que comporta a alteración do clima e modulan a súa reacción diante deles.
Neste achegamento, a dimensión sociocultural do CC é tan importante, ou máis, que a súa obxectivación cientÃfica e económica, principalmente cando se pretende que distintas sociedades, con responsabilidades e vulnerabilidades diferenciadas no cambio climático, asuman as polÃticas locais, estatais e rexionais que se deriven do Acordo de ParÃs. Non facelo incorrerá na inxenuidade de pensar que se pode limitar o incremento da temperatura por debaixo de 2 grados centÃgrados tan só con medidas económicas e tecnolóxicas, obviando o protagonismo que teñen as persoas nos cambios que se adopten nos modos de produción e consumo. Non é factible unha descarbonización profunda das sociedades, principalmente das máis avanzadas, sen a complicidade consciente, comprometida, responsable e activa da poboación.
Os retos que formula o Artigo 12 do Acordo de ParÃs para as polÃticas educativas e de comunicación son descomunais. O caso da sociedade española é un bo exemplo. O primeiro desafÃo será situar o cambio climático entre os eixos relevantes do quefacer público e das múltiples axendas que o constitúen (a polÃtica, a mediática, a curricular, a cultural), onde nunca ocupou un lugar central, pero que despois do fracaso da COP15, e dos impactos causados pola crise económica, perdeu gran parte da atención que se lle prestou nos inicios deste século.
O segundo desafÃo reside en como conectar o cambio climático con aspectos básicos da vida cotiá. Máxime cando sabemos que aquel é percibido como unha ameaza distante no tempo e no espazo, emocionalmente frÃa; este é un nesgo que comparten todas as sociedades avanzadas. Para que a ameaza do cambio climático sexa significativa e provoque respostas proactivas individuais e colectivas deberá vincularse con prácticas e ámbitos relacionados coa saúde, a alimentación, a mobilidade, a seguridade ou o consumo. En definitiva, relevancia e significación son dúas dimensións das representacións sociais do cambio climático que están estreitamente relacionadas, sendo o basamento de calquera proceso que active as dinámicas do cambio social que se require.
Neste horizonte, precisamos dunha polÃtica pública de educación e comunicación do cambio climático, que supere as inercias, os baleiros e as inhibicións coñecidas. Unha polÃtica que permita xuntar vontades e recursos na inxente tarefa de descarbonizar as nosas sociedades, que alente a complicidade e o impulso cÃvico da poboación. Se esta peza non forma parte do crebacabezas da solución, dificilmente o Acordo de ParÃs poderá abrir portas á esperanza. Nada haberá que celebrar se frustramos, unha vez máis, as expectativas creadas; menos aÃnda se a educación –dentro e fóra das aulas– e a cultura da sustentabilidade son meros pretextos para aliviar conciencias.

"Unha das novidades reside na alusión explÃcita ao papel da educación e da comunicación na estratexia polÃtica que se propón"

" Para que a ameaza do cambio climático provoque respostas proactivas deberá vincularse con ámbitos relacionados coa saúde, a alimentación, a mobilidade, a seguridade ou o consumo"
Os retos que formula o Artigo 12 do Acordo de ParÃs para as polÃticas educativas e de comunicación son descomunais. O caso da sociedade española é un bo exemplo. O primeiro desafÃo será situar o cambio climático entre os eixos relevantes do quefacer público e das múltiples axendas que o constitúen (a polÃtica, a mediática, a curricular, a cultural), onde nunca ocupou un lugar central, pero que despois do fracaso da COP15, e dos impactos causados pola crise económica, perdeu gran parte da atención que se lle prestou nos inicios deste século.
O segundo desafÃo reside en como conectar o cambio climático con aspectos básicos da vida cotiá. Máxime cando sabemos que aquel é percibido como unha ameaza distante no tempo e no espazo, emocionalmente frÃa; este é un nesgo que comparten todas as sociedades avanzadas. Para que a ameaza do cambio climático sexa significativa e provoque respostas proactivas individuais e colectivas deberá vincularse con prácticas e ámbitos relacionados coa saúde, a alimentación, a mobilidade, a seguridade ou o consumo. En definitiva, relevancia e significación son dúas dimensións das representacións sociais do cambio climático que están estreitamente relacionadas, sendo o basamento de calquera proceso que active as dinámicas do cambio social que se require.
Neste horizonte, precisamos dunha polÃtica pública de educación e comunicación do cambio climático, que supere as inercias, os baleiros e as inhibicións coñecidas. Unha polÃtica que permita xuntar vontades e recursos na inxente tarefa de descarbonizar as nosas sociedades, que alente a complicidade e o impulso cÃvico da poboación. Se esta peza non forma parte do crebacabezas da solución, dificilmente o Acordo de ParÃs poderá abrir portas á esperanza. Nada haberá que celebrar se frustramos, unha vez máis, as expectativas creadas; menos aÃnda se a educación –dentro e fóra das aulas– e a cultura da sustentabilidade son meros pretextos para aliviar conciencias.
Escrito por Pablo Meira e José Antonio Caride
Grupo de Investigación en PedagoxÃa Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) Universidade de Santiago de Compostela.