A presentación pública contou coa presenza dunha ducia de autores e autoras, con nomes como Zê Paredes, Roi Vidal, Carlos Labraña, Cándido Pazó, Ana Carreira, Paula Carballeira ou Carlos Santiago. No acto, os voceiros do colectivo sinalaron o bo momento para creación dramática que se dá na actualidade no noso paÃs. Segundo reza o manifesto fundacional, "nin nos tempos das Irmandades da Fala, nin nos da xeración Abrente foron tantas as voces a se expresaren desde e para o teatro, nin foron tantas as persoas con mancheas de folios nas gabetas e centos de arquivos nos discos rÃxidos".
O web do novo colectivo achega biografÃas e bibliografÃas dos seus asociados, información sobre o sector e pretende ademais servir de base para a edición de textos destes autores. Entre os contidos xa dispoñibles, destaca un Informe sobre a situación da Dramaturxia Galega, texto no que se denuncia o descenso continuado da presenza dos nosos autores teatrais sobre as táboas, mesmo no caso de textos premiados.