Hai cinco anos a literatura infantil galega comezaba a sufrir unha revolución. Un grupo de xente nova de Pontevedra, proveniente de campos tan dispares como o teatro e a educación botaban a andar Kalandraka, a primeira editorial especializada en literatura infantil. Os coidados libros que editan axiña chaman a atención e acadan un posto de honra nas librerías. No 2003, mantéñense coma unha das editoras galegas con máis éxito e alcanzan unha proxección internacional única no noso país.
Hai máis de dez anos que comezaba en Pontevedra a aventura dun grupo de teatro para nenos chamado Kalandraka. Nas súas actividades cos rapaces esta xente detectaba un baleiro no mundo da edición galega destinada aos nenos. Segundo sinala Eva Mejuto, encargada da editorial, nos libros publicados para os máis pequenos había moitas cousas que estaban sen editar. Vendo este oco, propuxéronlles a diferentes editoras que abordasen este campo, sen conseguir interesalas. Entón tres dos membros do grupo de teatro, en colaboración con especialistas en educación infantil, todos eles sen coñecementos do mundo editorial, lanzáronse a aventura e o dous de abril en 1998, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, nacía Kalandraka Editora.
As palabras máxicas
Álbum ilustrado. Estas son as palabras que definen o empeño e o éxito de Kalandraka. Libros de calidade, de bo tamaño, con ilustracións a páxina completa e o texto inserido sobre elas, tapas duras e unha reproducción coidada do material gráfico. Trátase dun formato que ten unha tradición moi grande no mercado anglosaxón, apunta Eva, cuns custos de producción moito máis elevados dos que se vían habitualmente no mercado galego e unha marxe menor de beneficio. Este formato provocaba unha seria dificultade para acceder ao suculento mercado escolar, un dos principais obxectivos das editoras tradicionais. As editoriais vían o proxecto como algo que non pagaba a pena, porque o seu traballo sempre estivera moi orientado ao mercado escolar, sinala Eva. Nós escapamos dese circuíto, buscamos un libro de agasallo con calidade plástica, literaria e de edición. E foilles ben. Tiñamos claro que había unha necesidade deste tipo de obras no mercado galego, pero non sabiamos se terían éxito comercial. E funcionou.
Os camiños
Kalandraka naceu con tres obxectivos editoriais claros. Por unha banda, querían traducir ao galego os éxitos internacionais da literatura infantil creados neste último século, e para isto crearon a colección Tras os montes. Pola outra pretendían facer novas versións dos contos populares clásicos dándolles un tratamento plástico anovador, proxecto que desenvolverían na colección Os contos do Trasno (nunha primeira fase Os contos do Trasno Comodín). Finalmente buscaban un espacio en que escritores e ilustradores galegos puidesen amosar os seus traballos, un espacio que se chamaría Demademora.
Vías abertas
As coleccións aínda se ampliarían con A biblioteca de Panteno, que recolle textos para adultos sobre a literatura infantil (polo de agora viron a luz a Gramática da Fantasía de Gianni Rodari e as Leccións Americanas de Calvino), Maremar, e Sondeconto. É esta unha curiosa iniciativa que mestura as obras literarias coa música. O primeiro volume foi A memoria das árbores, unha obra escrita por Xosé Neira Cruz a partir dunha vella partitura de Marcial del Adalid e á que se sumou a portentosa interpretación gráfica de Kiko da Silva. Hai un ano vía a luz un novo traballo nesta liña, Gatipedro, un traballo conxunto de Tucho Calvo e Antonio Caíña, e anuncian para dentro de pouco tempo Os soños de Xulieta. No 2001 a lista ampliouse aínda máis coas coleccións Tiramillas e Seteleguas, para nenos que xa comezaron a ler con Kalandraka e que lles quedaban pequenos outros títulos da editorial. Iso si, conservando a boa calidade de edición, a tapa dura e as ilustracións a cor sempre que fose posible.
Abrir espacios
Facendo honor ás súas orixes teatrais e de animación cultural, Kalandraka Editora desenvolve desde o seu nacemento unha ampla gama de actividades de animación á lectura co título de Libros para contar. Nun comezo foi a Maga Rulana quen realizaba actividades para os nenos por bibliotecas de todo o país. O éxito da iniciativa fixo que a actividade se transformase en Kalandraka Kontakontos, xa con dúas persoas que percorren os centros de ensino realizando este traballo. Na busca dun espacio propio para facer actividades de animación á lectura, a editora deu un paso a maiores e creou Libros para soñar, unha librería en Vigo deseñada especificamente para que os nenos entren en contacto directo co mundo do libro. Ademais de teren andeis á súa propia altura, os pequenos visitantes contan con postos de lectura, libros para manexar e curiosidades como libros impresos en madeira ou en tea ademais de material educativo. Por se fose pouco, o local tamén acolle periodicamente exposicións e obradoiros de ilustración.
Dentro do espírito de Kalandraka de ver o mundo do libro como algo máis que a edición, a editora participa activamente en diferentes encontros como o Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra ou distintas feiras do libro, desde as realizadas en Galicia ata o encontro internacional de Boloña. Desde o 2002 organiza, en colaboración co Concello de Santiago, unhas xornadas de animación á lectura para nenos e pais na capital do país.
Os premios
Nos seus cinco anos de historia, a editora fíxose nada menos que con dous Premios Nacionais de Ilustración, en 1999 e no 2001 polo traballo de dous artistas da casa. O primeiro deles correspondeulle a Óscar Villán polo seu labor en O coelliño branco e o segundo foi para Federico Fernández por ¿Onde perdeu Lúa a risa?. No 2000 o Ministerio de Educación e Cultura deulle o Premio Nacional ao Libro Mellor Editado á obra Máquinas, que foi recoñecida tamén cunha medalla de bronce no certame internacional de Libros Mellor Editados.
A conquista da península
Unha vez que saes fóra ves que noutros mercados este tipo de libros tamén tiña unha boa acollida, sinala Eva. E realmente Kalandraka conseguiu axiña un éxito considerable alén do país. A calidade dos libros fixo que á editora chegasen abondosas suxestións para traducilos e facelos accesibles a nenos de todo o Estado. E só seis meses despois do seu lanzamento, a editora puña en circulación as primeiras obras en catalán e en éuscaro, pasando despois ao castelán. O éxito desta iniciativa foi único na nosa historia editorial, con vendas que superaron en moito as acadadas en Galicia. Non contentos coa marcha peninsular da editora, Kalandraka deu un salto internacional iniciando a traducción das súas obras ao inglés o ano pasado. A conquista peninsular remata no quinto aniversario da editorial, o dous de abril de 2003, coa publicación dos primeiros títulos en portugués.
O mundo desde Pontevedra
A visita anual á Feira do Libro Infantil de Boloña, que os membros de Kalandraka xa realizaban mesmo antes de montar a editora, permitiu contactar con distribuidores que levaron a versión castelá de obras feitas en Pontevedra a países como Uruguai, Chile, Colombia, Venezuela, Arxentina ou mesmo Estados Unidos. Foi tamén neste encontro onde contactaron coa editora coreana Hansol, que, gratamente impresionada polo traballo dos galegos, mercou en 2002 os dereitos para editar baixo a súa propia marca os vinte títulos da colección Os contos do trasno. E a iniciativa segue a medrar, con ideas como tirar un libro para nenos sobre a marea negra e moitos proxectos en incubación. Eva apunta: Ao ver que algo feito desde aquí se pode exportar, pasando por riba dos matices lingüísticos, dáste conta de que cando un libro é bo ten unha linguaxe universal.