A editorial de literatura infantil e xuvenil OQO nace en Pontevedra cunha parte do equipo que traballaba en Kalandraka

Cubrir o OQO

18/7/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Hoxe chegan ás librarías de España e Portugal catro libros da nova editorial pontevedresa OQO. Especializada en literatura infantil e xuvenil e publicando en galego, castelán e catalá, a editorial inicia así o seu proxecto, saído en parte da editora Kalandraka, ao lado da que se sitúan fisicamente en Pontevedra e onde algúns dos integrantes de OQO traballaban. É o caso de Eva Mejuto que leva agora a comunicación da nova empresa, mentres que a dirección editorial corre ao cargo da profesora Marisa Núñez. Catro títulos abren as coleccións do selo que aposta polo álbum ilustrado e de calidade que afaste os prexuízos da literatura infantil e xuvenil como xénero menor.

Máis información en La Voz de Galicia
e no Galicia Hoxe
e o sitio web de OQO

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OQO, Literatura, Kalandraka, Pontevedra...