Os cativos de todo o mundo celebran hoxe o día dedicado á súa literatura

Pequena grande LIX

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A celebración do Día Internacional de Literatura Infantil e Xuvenil abre o mes do libro e a lectura atendendo a unha parte moi importante da produción editorial. Segundo o Anuario elaborado pola editorial SM a LIX medrou no último ano moi por riba do resto da edición literaria. Segundo a análise galega do informe, elaborada por Xosé A. Neira Cruz, 498 libros dos 1.706 editados en Galicia no 2006 foron de literatura infantil e xuvenil evidenciando así o dinamismo e bo momento deste “xénero”. Unha das editoriais de referencia deste eido, Kalandraka, celebra ademais nesta data o seu noveno aniversario con edicións de autores novos e clásicos así como participando na VII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

Máis información en Galicia Hoxe
e no informe Anuario de Literatura Infantil e Xuvenil de SM

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, LIX, Xosé A. Neira Cruz, Xénero...