Un informe destaca que o sector editorial galego non aposta por xéneros como a poesía, teatro ou banda deseñada

A editorial analiza as editoriais

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A editorial SM acaba de facer público o seu “Anuario sobre o libro Infantil e Xuvenil 2006” no que ofrece resultados sobre o panorama editorial. O profesor da USC e escritor, Xosé Antonio Neira Cruz foi o encargado de elaborar o informe relativo a Galicia. Nel explica que malia o incremento de editoras (OQO, Faktoria K, Baía Editorial e Rinoceronte Editora) baixa a facturación e xéneros como a poesía, teatro e cómic seguen sen ter un sitio no panorama editorial. Ademais, Neira Cruz conclúe que se abren novos camiños para a literatura infantil e xuvenil galega, onde o álbum ilustrado, cobra cada vez un maior protagonismo.

Máis información en Galicia Hoxe e consulta lg3, o noso soportal de literatura

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Poesía, Literatura, Banda deseñada...