Celébrase o Día da Literatura Infantil e Xuvenil, un sector fundamental para as nosas editoras

Día dos libros pequenos

2/4/2008 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
3 lecturas | Compartido 0 veces
A literatura infantil e xuvenil (LIX) supón na actualidade un dos piares do mundo editorial tanto en Galicia como no estado. Segundo o “Anuario do Libro Infantil e Xuvenil 2007” que o escritor Xosé A. Neira Cruz elaborou para a editora SM, a nivel estatal este ámbito supuxo 60 millóns de exemplares editados e medrou un 14,8% a respecto do ano anterior. En Galicia, segundo o autor, editoras coma Kalandraka e Oqo están a conseguir facerse referentes internacionais neste ámbito. Precisamente a coincider coa celebración do Día da Literatura Infantil e Xuvenil, a Consellaría de Cultura e mais GALIX presentan dous novos volumes da colección “Lagarto pintado” mentres unha vintena de editoras galegas están presentes na Feira Internacional de Boloña, especializada neste tipo de obras.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares