O Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico xa ten gañadores

Clara Gayo e Avelina Pérez Pérez levaron os dous galardóns da IX edición do certame

Evasión de Clara Gayo levou o premio do Xurado na IX edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Os votos dos ouvintes, pola súa banda, seleccionaron a obra Non teño espello no baño de Avelina Pérez Pérez como mellor obra. O programa daba a coñecer onte os gañadores desta xeira do certame, no que tamén eran finalistas Marián Bañobre e Santiago Cortegoso por Hai un punto que me doe e Daniel García Níñez Asalto ao rexional das 11. O xurado estaba composto por Camilo Franco, César Carracedo, María Paredes, Gloria Ferreiro, Ana Romaní e Tito Asorey, quen tamén se encargou da adaptación radiofónica que se puido escoitar estes últimos días no programa Diario Cultural. As obras gañadoras levan candanseus 3.000 euros de premio.