O selo de Alacante Edicions de Ponent, dirixido por Paco Camarasa, publicará para finais de 2002 un álbum de BD titulado "Freda", con guión de Kike Benlloch e debuxos de Alberto Vázquez
"Freda", unha novela gráfica escrita por Kike Benlloch e debuxada por Alberto Vázquez, será publicada a fins de 2002 en Edicions de Ponent. O acordo veuse fraguando desde febreiro deste ano, e foi no Salón de Barcelona onde se formalizaron os trámites entre os autores e o editor, Paco Camarasa. "Alberto e mais eu estamos moi contentos de chegar a acordo con De Ponent, unha editora que para nós é sinónimo de calidade e prestixio", explica Kike Benlloch. O guionista coruñés afirma que "Eu sempre fun da opinión que De Ponent é, xunto con Sinsentido, simplemente a mellor editora do estado, e alégrame moito que unha historia nosa, de tantos meses de traballo como "Freda", sexa editada por eles".
Os autores contan que estiveron en conversas con Jesús Moreno, editor de Sinsentido, pero finalmente acordaron a publicación do libro no selo alacantino. Benlloch apunta: "De todos os xeitos, o trato con Jesús Moreno foi excelente, e foi el mesmo quen nos dirixiu a Ponent. E espero que no futuro teñamos a oportunidade de traballar con Sinsentido".
O argumento
"Freda" conta unha historia de amor ó longo da vida do protagonista, quen de neno se ve arrastrado a un paÃs estranxeiro ós seus pais teren que emigrar. Benlloch opina que "o tema da emigración non se ten tratado como se deberÃa na BD, e aÃnda que neste caso non é o eixe central do relato, si ten un peso ambiental importantÃsimo. O único que sinto é que especialmente esta historia non sexa publicada en galego como primeira lingua, pero xa sabemos cales son as opcións editoriais en Galicia: Nulas".
"Para min "Freda" representaba unha novidade por dous motivos", describe Alberto Vázquez, "antes que nada, era o primeiro proxecto longo que abordaba, da extensión dunha novela; e despois case era tamén a primeira vez que traballaba cun guionista". O debuxante, gañador do 3º premio no concurso do INJUVE na última edición, califica esta experiencia de traballo en equipo como "excelente" e engade "traballo moi a gusto con Kike porque nos complementamos e entendemos moi ben. Estou seguro de que habemos de repetir esta colaboración noutros proxectos".
Os autores
Kike Benlloch e Alberto Vázquez xa traballaran xuntos nunha historia breve de 8 páxinas, publicada no album colectivo "Mmmh!!" (Polaqia, 2001). Kike Benlloch traballa en diversos proxectos de banda deseñada entre outros debuxantes con Bernal, Diego Blanco, Jano e David RubÃn. Alberto Vázquez está a piques de rematar outra novela gráfica, "Alter Ego", que probablemente verá a luz este verán baixo o selo Polaqia.