Logo de oito anos a visita ao Culturgal, que se celebra esta fin de semana en Pontevedra, ten para moita xente aspectos de ritual. Deste xeito, non escapan ás recomendacións imprescindibles algunhas propostas xa clásicas como a programación infantil. No entanto, aparecen novidades, como é os encontros para novas ideas ou os proxectos de produción propia. Ideas para aproveitar a Feira das Industrias Culturais que se celebra do 4 ao 6 de decembro en Pontevedra.
Cousas de cativos
Se vas á feira, non deixes as crianzas na casa. Como xa é habitual, sobran ocasións no Culturgal para que se divirtan, e mesmo contan con novos espazos. Unha zona para bebés e outra de xogos para cativos intégranse no plano de postos. E se os máis pequenos da casa están sempre coa mesma canción, non hai un lugar mellor para que coñezan novas melodÃas. Concertos e presentacións de libros-CDs protagonizan unha boa parte do programa. O Manuel MarÃa musicado de Canta o cuco, A bruxa Discordia de Mamá Cabra, as cantigas de ananar de Traca-Traco ou Un conto ao revés son algunhas das novidades. Tampouco faltan propostas escénicas (A Carapuchiña Vermella, O souto dos prodixios, O capitán Garfo, Zaragallada ou A tropa trapalleira entre outras), nin literarias para estas idades.
Pasea
Acudir ao Culturgal é en si mesmo, e cada vez máis, unha experiencia. Para alén do interese que nos poida espertar algún elemento concreto, é recomendable pasear o recinto. Descubrir as novidades gastronómicas, escoitar novos sons ou ir atopando polo camiño as novidades que achegan os diferentes postos é un xeito relaxado e diferente de se achegar á nosa cultura. Ademais, nesta edición, o paseo faise imprescindible, xa que a feira estrea distribución. "O máis recoñecible visualmente, que era o corredor central cheo de xente desaparece", explica Manuel Bragado, presidente da Asociación Culturgal. Un novo circuÃto circular quere facilitar o tránsito e o acceso a todos os recunchos da feira. "Queremos xogar co concepto de sorpresa. Que chegues e vexas, nesta ocasión que mudou completamente a circulación. Vai ser o shock deste ano, parecÃa que non poderÃa sacarse espazo e sacamos moito, sinala Xosé Manuel Aldea, director do evento.
Un momento para se emparellar
Non son propostas para todos os públicos, pero os máis ousados teñen nesta edición un par de ocasións para atopar parella (cultural, por suposto). Por vez primeira o evento acolle o Puntazo de Encontro: Speed Dating Cultural. Neste espazo pódense propor ideas a institucións e patrocinadores susceptibles de apoiar o seu desenvovlemento. A Cidade da Cultura, o Concello de Pontevedra, as adegas MartÃn Códax, o vermú NordesÃa, Sinsal Audio e o festival PortAmérica escoitarán iniciativas do máis variado. Editores e produtores audiovisuais tamén terán o seu recantiño romántico para buscar a faÃsca. O programa Firma e Filme desembarca na Feira para por en contacto creadores das letras co mundo do cinema e da televisión con vistas a promover adaptacións de obras literarias. Catorce produtoras e trece editoras participan neste encontro. AÃnda que non sexa como participantes, cómpre seguir estes dous novos espazos, non cabe dúbida de que posúen un grande potencial e nelas hanse cociñar algúns dos proxectos máis destacados da nosa cultura para as vindeiras temporadas.
O que Culturgal dá de si
A produción propiciada desde a propia feira comeza a acadar protagonismo no programa. AsÃ, non cabe dúbida de que algo a non perder é o espectáculo estrela desta edición. Con Dá de contar a quen pasa volta o interese da feira á palabra logo de varios anos a apostar polos concertos como principal reclamo do programa. Quico Cadaval dirixe esta proposta na que participan tamén MarÃa Lado, LucÃa Aldao, Cándido Pazó e Celso Fernández SanmartÃn e que fai do conto e da oralidade o eixe do espectáculo e achega unha oportunidade de contemplar unha importante reunión de talento. Canda a isto, a Feira acolle tamén a presentación do proxecto que naceu na anterior edición. O encontro entre Caxade e Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira, concerto estrela da última xeira, ve a luz na forma dun CD-DVD.
Algo de polÃtica
Inmerso en pleno clima preelectoral, a edición 2015 de Culturgal non foxe de temas de actualidade, e achega varios debates que serán de interese para alén do estritamente cultural. Ao abeiro do lanzamento do libro colectivo Tempos chegados? Sobre o futuro polÃtico de Galicia, Galaxia artella un debate de altura con Xavier Vence, Justo Beramendi e Joám Evans. Canda a eles, Xabier Navaza debaterá con Manuel Bragado as reflexións que realiza sobre o mundo das multinacionais no seu libro Marcas. Signo, comunicación e consumo na era da simulación, publicado por Xerais. Pegada á actualidade está tamén a presentación de dous números especiais da revista Luzes sobre polÃtica e cultura. Ouvir a Manolo Rivas e a Xosé Manuel Pereiro tratar estes temas sempre ten interese. Xa mais centrados no ámbito literario, no encontro 100 anos de traballo por Galicia VÃctor F. Freixanes, Henrique Monteagudo e Xavier MartÃnez Cobas analizarán o papel de autores históricos na configuración das nosas letras.
Cuestión de xéneros
É sabido que a novela negra é na actualidade un dos grandes éxitos das nosas letras. Poida que no futuro outro xénero hoxe minoritario como é a literatura fantástica chegue a ocupar ese trono. Para coñecer polo miúdo a situación e perspectivas en cada un destes ámbitos, o programa do Culturgal achéganos cadansúa mesa especializada. Urco Editora encárgase das letras máis fantásticas, coa presenza de Sabela González, autora de As crónicas de Ladereina e mais do editor David Cortizo. As historias de crime van por conta de Xerais, que reúne nunha mesa a Hector Carré, Antonio Tizón, Diego Ameixeiras e XaquÃn Fernández Leiceaga, moderados por Montse Dopico.
Atendan ás pantallas
Non é por risco de perder un voo, pero desde logo si que pode un perder algo interesante se non está atento á programación audiovisual do evento. Na liña de anteriores anos, a feira vaise afianzando como un dos poucos espazos para a estrea e exhibición de filmes do paÃs. Os documentais protagonizan este ano o oco das grandes producións, con proxeccións e coloquios. Dos Gaiteiros do mar, En todas as mans, Las altas presiones, Manuel Quiroga e mais a premiada A viaxe de Leslie poderán verse e coñecerse mellor da man dos seus equipos creativos. Tamén se poderá ver a miniserie Vento Ferido, que recrea os relatos de Carlos Casares, e o tráiler de Traballos e dÃas de Francisco Leiro. (SÃsifo Confuso). Un espazo xa clásico no evento é o Maratón de webseries, ao que chegan as últimas entregas das producións PIB, Gafas e pallaso, El método sueco, Haters, Pink e Dalle jas. Unha ollada ao máis fresco do noso audiovisual.
Cultura exposta
O pasado ano a mostra pioneira na que se mesturaba arte e libros foi un éxito rotundo. Tanto que nesta ocasión o espazo das artes plásticas en Culturgal amplÃa a súa estancia no Pazo da Cultura a todo un mes e permite visitas de vagar fóra do maratón de eventos que supón a feira. Da man da Deputación de Pontevedra, a relación entre arquitectura e arte protagoniza Somos espazo, comisariada por Paula Cabaleiro e Antón Sobral. Se alguén teme algo conceptual de máis, conta con outra opción sen mudar de espazo. Spirou. De Champignac a Pontevedra recolle as visións de setenta ilustradores españois e galegos sobre este mÃtico personaxe da banda deseñada franco-belga. Para todos os gustos.
O libro electrónico
Se alguén dubida aÃnda de que exista libro electrónico en galego ou do alcance que ten este formato de edición, o Culturgal está aquà para lle tirar as vacilacións. Un espazo especÃfico quere visibilizar o e-book na nova edición da feira. Baia, Galaxia, Xerais e Laiovento amosarán os seus fondos electrónicos, e a Deputación da Coruña dará a coñecer o seu novo catálogo neste ámbito. Unha boa ocasión para coñecer polo miúdo a oferta e ver se há algo do noso interese.
Achegarse aos versos
Se no espÃrito do Culturgal está achegar formas de cultura a xente que no as coñocÃa ou que podÃa ter reparos para se achegar a elas, por que non aproveitar para se achegar á poesÃa? Este xénero literario tan prestixiado como minoritario está presente no programa con voces tan destacadas como MarÃa do Cebreiro, Gonzalo Hermo (Premio Nacional de PoesÃa Joven 2015) ou o imprescindible Manuel Rivas, que presenta A boca da terra. Ademais, da man do tradutor Isaac XubÃn poderán coñecerse o traballo do vasco Joseba Sarrionandia.