O coruñés Alberto Vázquez vén de recibir un novo premio que o confirma coma un dos novos valores máis destacados da BD galega.
O certame "Valencia crea" destinado a creadores nacidos ou afincados na Comunidade, outorgoulle a Alberto o primeiro premio da categorÃa de BD pola historia de catro páxinas "Vida generacional", que Ãa ser publicada no terceiro número do fanzine galego "Sintoteca". O premio, dotado con 1.500 euros inclúe tamén a publicación do traballo nun catálogo. A entrega de premios realÃzase o dÃa dez de xuño no Palau da Música de Valencia.
Este galardón súmase a outros obtidos por este autor durante os últimos dous meses, como son o primeiro posto no I Certame BD Banda-Concello de Pontevedra, que se entregou o sete de xuño, o segundo posto no I Certame de BD por Internet BD Banda-Culturagalega.org.
No último ano, ademais, fÃxose co premio á mellor presentación plástica no VI Concurso de Cómic de Alacante, un primeiro posto no "Concurso de Jóvenes Creadores de Madrid" (modalidade cómic), e un terceiro lugar no premio INJUVE de 2001. Tamén se fixo cun terceiro posto no II Certame Galego de Imaxe ArtÃstica.
Próximos proxectos
Na actualidade prepara a publicación de "Alter Ego", un álbum autoeditado do que xa puidemos ver un adiantos no traballo gañador dos premios BD Banda-Concello de Pontevedra. Esta historia presentarase o vindeiro mes de agosto no marco de "Viñetas desde o Atlántico", e baixo o selo de Polaqia.
Ademais, e contando coa participación do INJUVE, vén de asinar con Edicións del Ponent a publicación de "Freda", unha novela gráfica realizada sobre un guión Kike Benlloch.
Está previsto que este traballo, unha historia de amor que se desenvolve na emigración, vexa a luz a finais do ano 2002.
Autor recente
Este palmarés faise aÃnda máis impresionante se temos en conta que Alberto só ten vintedous anos e que comezou o seu traballo coma debuxante de BD a comezos do ano 2001, publicando os seus primeiros traballos em "Mmmh!", "Sintoteca" e "Gas Butano". Desde outubro do pasado ano reside en Valencia onde estudia a carreira de Belas Artes, aÃnda que mantén contacto con outros creadores galegos e colabora co proxecto Polaqia. Unha carreira fulgurante que no fixo máis que empezar e augura un bo futuro dentro da novena arte.