O autor coruñés premiado no INJUVE 2002 presenta dúas novas publicacións para o selo Polaqia: o cómic-book "Patricia" e o fanzine "The Warriors".
Dúas noticias poñen de actualidade a Jano. Por unha banda o autor anuncia dúas novas publicacións, "Patricia" e "The Warriors" -ambas para Polaqia- e por outra, este debuxante coruñés ven de ser galardoado cun dos catro premios do INJUVE, dotado con 3.000 euros de contÃa económica.
Jano comunica a presentación o 15 de agosto do seu novo traballo, un cómic escrito e debuxado por el que ten por tÃtulo "Patricia". Esta obra, inicialmente proxectada para a firma madrileña Aralia Producciones, sairá finalmente baixo o selo de autopublicación de Polaqia. Trátase dunha historia de corte intimista que será publicada en branco e negro cunha escala de grises e con capa a bitono. "Patricia" publicarase en castelán e será vendida en todo o estado por distribuidora comercial, o nome da cal aÃnda non está confirmado.
A tiraxe de "Patricia" componse de mil exemplares en formato de 17 x 24 cm, 16 páxinas mais cubertas, encadernación grampada, a 2,20 euros.
Jano está traballando noutros proxectos, como a novela gráfica "Pinche Mundo", con guión de Kike Benlloch e deseños de Bernal e Diego Blanco ademais do propio Jano. O autor coruñés prepara ademais un fanzine chamado "The Warriors", tamén para Polaqia, ó que á parte de el mesmo contribuirán Alberto Vázquez, Brais RodrÃguez e Alberto Guitián.
Polaqia é un colectivo que agrupa na actualidade a Jano e cinco autores galegos máis. A primeira publicación do selo foi o álbum "Mmmh!!" (agosto de 2001). Para agosto de 2002 agárdase ademais outra obra deste selo, "Alter ego", escrita e debuxada por Alberto Vázquez, quen tamén contribuira cunha historia a "Mmmh!!".

Cartel promocional de "Patricia"
Obra de Jano editada no selo Polaqia