Paro no quiosco para mercar o xornal “Nunca máis” e a vendedora viste unha camiseta Chapapote mentres na radio anuncian o disco “Bágoas Negras” para recadar fondos polo do Prestige. Crúzome con varios rapaces que teñen pins de “Burla Negra” e mentres agardo no paso de peóns os coches levan adhesivos tamén “Nunca mais”. Pero hai máis, moito máis merchandising que as plataformas nacidas a raÃz da catástrofe do Prestige poñen na rúa para recadar fondos con que financiaren as súas actividades. ¿Unha nova marca?
Hai viño, cervexa, camisetas, chapas, paraugas, postais, libros, CDs e viseiras todo baixo as etiquetas "Nunca máis", "Burla Negra" e "Colectivo Chapapote". Para o que as leva é unha forma de protesta e para o que o vende unha forma de financiar as actividades reivindicativas. Un merchandising diversificado que vai desde o euro que custa unha chapa, o xornal ou un marcapáxinas ata os 10 euros que vale unha camiseta ou un paraugas. Son material que se esgota, de feito xa hai varias edicións e ante o "boom" de vendas, as plataformas preparan novos deseños e imaxes coas que seguir custeando o material e, co que sobra, financiando actos de protesta.
Cartos para actos
"Decidimos facer os nosos productos xa non só como unha forma de protesta, senón tamén para poder custear as nosas actividades" asà afirmaba Patricia Vázquez membro da coordinadora da plataforma Burla Negra, unha das creadas para canalizar o malestar social logo do desastre do Prestige. E é que as primeiras actividades de protesta foron organizadas por grupos de amigos ou xente con afinidade. Pero a prolongación do conflicto obligounos a mudar de estratexia e de táctica.
"Comezamos -recorda Raquel- na casa dun amigo, cun ordenador prestado e tivemos que contratar unha liña de teléfono, alugar un local, que compartimos con outra asociación, e buscar cartos". Pouco a pouco Burla Negra foi sacando á rúa camisetas e chapas. Un proceso que foi semellante ao de Chapapote; o colectivo de debuxantes de banda deseñada sacaron os productos á rúa cos seus propios deseños. Chapapote ten chapas, postais e camisetas que, segundo Kike Benlloch membro do colectivo "non sempre nos chegan para financiar todos os actos que organizamos". É que Chapapote móvese, tal e como anuncian na súa última campaña, na que hoxe, por poñer un exemplo inaugura unha exposición de traballos na Sala de Exposicións Salvador de Madariaga da Coruña.
De xeito diferente funciona "Nunca máis" a plataforma cÃvica que agrupa a unhas 300 asociacións e colectivos de diferente signo. Debido ao seu gran tamaño a súa organización é un pouco distinta. Chamamos a Nunca máis e Andrea, que é a que contesta ao teléfono, coméntanos que se organizan en coordinadoras locais onde cada unha decide qué productos pon á venda. Por exemplo, en Vigo (sede da Plataforma a onde chamamos) hai pins que deseña un coñecido pintor vigués que non hai noutras sedes, e en Lira hai adhesivos que poñen "Nunca máis. Lira". "Cada coordinadora, afirma Andrea, decide cántos e cáles son os productos que poñen á venda e logo faise unha posta en común nas xuntanzas que hai todas as semanas en Santiago entre todas as coordinadoras".
De todos os xeitos non importa cómo se chame a plataforma; os cartos teñen dous destinos. Unha parte do recadado serve para pagar o propio material (as camisetas, as imprentas, a distribución) e o restante para os actos. Andrea poñÃa o exemplo das camisetas "dos dez euros que custan cinco son para pagalas e os outros para a organización das actividades e o funcionamento da plataforma".
Reivindicación multimedia
Pero ademais do merchandising tÃpico que as tres plataformas puxeron á venda hai música. E hoxe, nas tenda de discos e nas radios escóitanse varios traballos. Por unha banda está "Nunca máis" o CD editado por Clave Records en que participan Ruxe Ruxe, Túzaros, Brath, Vantroi, Albertucho, Miguel Rios, Amaral, Pinto de Herbón, Carlos Nuñez, Luz Casal, Canallas, VÃctor Manuel, Ana Belén, Señor Antipirina... e que inclúe o texto de Manolo Rivas lido por Rafa Villar; e pola outra está "Bágoas Negras" o disco da SGAE que é unha antoloxÃa musical. De todos os xeitos a finalidade é diferente, xa non é para financiar actividades, senón para a ADEGA.
Pero hai máis, o controvertido top manta onde se fan versións de cancións coñecidas con letras "Prestige", e pronto haberá un cuarto CD. Será un libro-cd que editará "Burla negra" onde o libro estará formado por escritores de todos os xéneros: Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Rafa Villar, Yolanda Castaño, Rosa Aneiros, Riveiro Coello, e que inclúe un disco con música que é principalmente folk.
Vender sen tenda
¿Onde comprar unha camiseta? Neste punto, coma en todo, hai piraterÃa, tendas con productos "Nunca máis" onde os seus fondos non van para a plataforma. As propias plataformas advirten de que os seus productos se poden mercar nos locais das coordinadoras e nos múltiples actos que organizan por toda Galicia, pero sempre hai quen quere sacar tallada da desgracia e tamén os hai que colaboran pero á marxe das plataformas creadas.
Circulan por Internet versións piratas dos discos e enderezos de correo electrónico a cinco e dez euros, ademais de chisqueiros e de camisetas. E, do mesmo lado da moeda, hai particulares e asociacións ecoloxistas que aproveitan o filón descuberto por plataformas civÃs para apoiar a causa desde o seu propio campo de traballo. Cada quen na parte que lle corresponde pero todos queren formar parte do movemento creado pola catástrofe do Prestige.