Encontros cos autores das últimas novidades literarias os venres e sábados de outubro e novembro. Esta é a proposta que fai o programa Venres nas librarÃas que celebra este ano a sua segunda edición organizado polas consellarÃas de Cultura, EconomÃa e Industria, xunto coa Federación de LibrarÃas de Galicia e a Asociación Galega de Editores. En total serán oitenta encontros con autores como Pedro Feijoo, MarÃa Reimóndez, Afonso Eiré, Sérgio Tannus e Xesús Constela os que se desenvolverán en dezasete librarÃas de todo o paÃs. Como novidade deste ano está a ampliación das actividades aos sábados, con eventos destinados especificamente ao público máis novo.