A xestora cultural Mary McCarthy, directora da National Sculpture Factory de Cork, participou nas xornadas “Comunicación e Cultura na Europa do século XXI” que celebrou o Consello da Cultura Galega o pasado 21 de setembro. Resumimos en cinco puntos as súas achegas sobre como a cultura irlandesa afrontou a crise económica e como enfronta o futuro e a súa relación coa diáspora, con notables parecidos co contexto galego.
Mary McCarthy exerce as súas actividades en Cork, a segunda cidade da República de Irlanda e un dinámico centro de produción tecnolóxica, onde figuran empresas tecnolóxicas como Apple, que fai que a cidade teña unha gran “audiencia global que vive na nosa cidade durante curtos periodos de tempo”. O que segue é un destaque en cinco puntos da súa conferencia. Poden vela integramente ao final do artigo.
1.A cultura rexenera áreas marxinais. Trala crise económica dos anos 80, o goberno irlandés investiu na implementación de institucións e empresas dedicadas á cultura en zonas anteriormente marxinais dos arrabaldos urbanos, facilitando a súa rexeneración e dinamismo. No transcurso destes vinte anos, estas áreas viviron a profesionalización da cultura.
2.A internacionalización como resistencia á crise económica. A partir de 2007 e en especial en 2009 Irlanda sufriu intensamente a crise económica que tamén nos afectou no noso Estado de xeito intenso. Os recortes en cultura, dun 30% ou 40%, afectaron ás institucións e, ademáis, a cultura tiña un problema de imaxe porque se concibÃa como non prioritaria en relación a outros gastos. A National Sculpture Factory decidiu crear un importante programa de colaboración internacional que fortalecera a marca e distribuÃra e diversificara os ingresos.
3. Ampliar o cometido inicial do centro. AÃnda que a base do centro cultural que dirixe McCarthy é a escultura, o centro comezou a diversificar as súas actividades para acoller outras manifestacións culturais que lle permitiron gañar unha audiencia moito máis ampla e iniciar conversas máis suxestivas e enriquecedoras. O público é o factor decisivo: a FactorÃa estableceu programas de conversas á hora de xantar (unha hora medio morta nas Illas Británicas) de tres cuartos de hora destinados a público novo, como enxeñeiros, inicialmente non vinculado á arte contemporánea.
4. 4,7 millóns de persoas non son nada. Para Mary McCarthy a escasa poboación de Irlanda dificulta a viabilidade e o éxito das producións artÃsticas, asà que pensar nunha audiencia global e nun concepto global da obra de arte axuda á súa difusión no exterior.
5.A diáspora como marca cultural. A enorme diáspora irlandesa está a vivir a contradición entre as súas raiceiras e as transformacións culturais na Irlanda do século XXI. A diáspora norteamericana crea espectáculos como Riverdance, que recrean a cultura irlandesa desde un concepto máis tradicional e folclórico. A aposta do goberno irlandés é reconectar a toda esta gran diáspora coa cultura irlandesa actual.
Conferencia Ãntegra