Novos xeitos de nos relacionar están a xerar identidades culturais máis diversas. As persoas deixan de se definir a partir dun factor principal e preséntase como unha combinación de gustos e intereses. Esta evolución obriga a redefinir os xeitos de educar, de comunicar e mesmo de facer política, e transforma en grande medida a preeminencia dos estados-nación como definidores de identidades colectivas. Carlo Sorrentino abordou esta e outras cuestión na xornada Cultura e comunicación na Europa do século XXI, que se celebrou onte no Consello da Cultura Galega. Falamos con él.
Conferencia de Carlos Sorrentino íntegra o primeiro vídeo da Xornada Cultura e comunicación.
Como Internet redefine as nosas identidades culturais foi o título da intervención coa que Carlo Sorrentino, profesor de Socioloxía dos Procesos Culturais e da Comunicación da Università di Firenze, abría onte as xornadas que o Consello da Cultura lle dedicou á comunicación e cultura. Segundo apunta, as ciencias sociais enfróntase a unha situación que aparentemente contradí as previsións. Se cara aos anos noventa se temía que o proceso de globalización provocase unha maior uniformización nas identidades a nivel mundial, nesta altura "o problema é o contrario do que tiñamos pensando a longo prazo. Os medios, e sobre todo os dixitais non produciron unha homoxeneización das persoas, senón unha enorme individualización e fragmentación. Hoxe cada un de nós fai parte dunha esfera pública en liña na que se dan relacións moi densas. E aí ás veces particípase de xeitos marxinais e ás veces hai unha actividade máis central. Podo falar co meu amigo co que comparto música sobre iso, pero pode ser que non teñamos moitas máis cousas en común", explícanos. Na súa conferencia, o investigador advertiu que se produce "unha multiplicidade de roles ao longo do día". Traballo, afecciones, familia ou voluntariado mestúranse nunha "multiplicación de interdependencias" que xera tamén unha dificultade de xestión e na que se difumina a dualidade entre público e privado.
Complicacións e oportunidades
Esta integración en múltiples ámbitos ten tamén aspectos complicados no desenvolvemento de cada individuo. "Produce un grande descenso na seguridade persoal e isto dá tamén nun fenómeno sociolóxico que é a necesidade de construír unha vida na que todo o que fagamos é reversible. Acontece co matrimonio, por exemplo, e á inversa, este é o mesmo motivo polo que moitas culturas xuvenís adoptan os tatuaxes. Pasan a ser un elemento de permanencia nun mundo onde xa non fica nada permanente", asegura Sorrentino. No campo das posibilidades que abren os medios de comunicación sociais, o profesor sinalou na súa conferencia que "actúan como ascensores cognitivos que permiten moverse entre pisos e implementar o noso coñecemento para unha mellor inclusión social e para exercer a cidadanía". Do mesmo xeito considera que "aínda que os cidadáns poden estar mellor informados, adoitan estar pendentes de máis cousas e non afondar moito en ningunha". O panorama, para Sorrentino, convida a unha necesaria adaptación que comeza por profesións chave como o ensino e o xornalismo, pero que alcanza mesmo ao xeito no que se debe entender a política.
O xornalismo
Á facilidade de acceso á información súmase a interactividade e a posibilidade que ten cada persoa de se transformar nun produtor de contidos. Para este investigador "o xornalismo é un contedor. A revolución foi no seu momento o xerar formas diversas para eses contidos, como son a televisión, a radio ou prensa impresa. Pero agora non só muda a forma do contedor, este ciclón muda tamén o contido. O público pasa a construír o contido e é o novo contedor". A réplica de contidos, a viralidade que se produce a través do coñecemento persoal o acceso "teórico máis do que práctico" ás fontes modifican de xeito substancial a comunicación pública. Nese panorama, "o novo contedor debe ter a capacidade de xerar as novas e manter a interlocución continua coa comunidade. Este é o papel do community manager, a persoa que se introduce na comunidade e que comprende como reacciona e como lle pode ser útil e á inversa. O problema é que eses postos non están aínda recoñecidos na industria xornalística, porque non se xerou aínda un modelo de negocios convincente para os media a través de Internet".
A comunidade e a política
A nivel máis amplo, o profesor advirte que "agora o punto é como facer de novo comunidade, porque unha enorme fragmentación non permite sobrevivir a unha sociedade." Nese sentido, as bases para xerar consenso deben vir "a través dunha capacidade dialóxica moi forte por parte de todos. Cómpre que sobre todo os suxeitos políticos e económicos entendan que a visibilidade xa non é vender, senón comprender qué cousas se queren facer. Ao tempo hai que saber que da outra parte hai individuos que son capaces de acceder a unha cantidade incrible de información". Así, Sorrentino convida a "convocar esta capacidade, non como se fai hoxe a través de sondaxes, que é un xeito banal de convocar a opinión pública, senón dos xeitos máis refinados que permite Internet. Ver cal é o clima opinión profunda que subxace".
Identidades nacionais no novo contexto
Este proceso de identidades múltiples e difusas ameaza tamén con rebordar o marco dos estados- nación, que ata o momento principais administradores lexitimados na xeración de identidades. "Aínda que a cultura nacional continuará, será inútil que sexamos chauvinistas. Iso non implica a morte da cultura rexional ou local. Hai nacións e rexións onde as culturas nacionais e locais son moi fortes e veremos unha capacidade enorme, quizais en España mais do que en Italia, de retraducir en clave local esta cultura global. Hai procesos de hibridación, como di Canclini. Pero esas hibridacións deben vir do convencemento dun número de cidadáns maior do que no pasado". Esas mesturas, no entanto, non se darán dos mesmos xeitos nin aos mesmos ritmos en todos os lugares. "Dependerá da capacidade de actuación que teñan os grupos locais. A posibilidade de manter unha identidade galega, toscana ou napolitana, será posible na medida en que se enfronten con esta situación. Hai que saber actuar, comprender uns cidadáns que ao tempo que son fondamente galegos, a seguir as súas tradicións relixiosas ou gastronómicas, teñen outras identidades. Eu non son só profesor universitario, afeccionado ao Nápoles ou marido. Son milleiros de cousas, e pasa tamén coas culturas, que non son estáticas, senón que son esponxas. Canto máis unha cultura local sexa quen de absorber estas diferenzas, máis sobrevivirá. De se facer un corpo duro terá máis problemas".
As hexemonías cambiantes
A realidade desta diversificación de axente coincide, no entanto, con procesos acelerados de concentración no campo das industrias culturais, incluíndo como non, os medios de comunicación. A relación entre estas tendencias preséntase como complexa. "Eu ao final non creo que atopemos a fórmula para inverter completamente esta hexemonía. O problema non está tanto na produción, aí é evidente que Hollywood e as grandes corporacións continúan a construír un mainstream. Pero agora este mainstream xorde necesariamente de escoitar un número moi amplo e cada vez maior de persoas". Ata que punto as novas identidades poderán artellarse como novos suxeitos colectivos de cidadanía é tamén un debate pendente. "As comunidades virtuais resultan máis febles que as comunidades que coñeciamos. Son ineludiblemente abertas, e iso é a súa maior forza e súa debilidade, porque do mesmo xeito que digo que son italiano, napolitano ou afeccionado, non me identifico coa mesma intensidade cunha comunidade virtual. Aínda que seguramente o xeito de compartir poida dar pé a movementos políticos, ou permite compartir música con calquera persoa. Pero a pertenza é diferente".