Ferramentas para ollar atrás

Trazos do pasado amosa o uso das novas tecnoloxías na investigación arqueolóxica

<i>Trazos do pasado</i> amosa o uso das novas tecnoloxías na investigación arqueolóxica
Imaxes de satélite, escaneado láser, prospección eléctrica e magnética ou xeorradar. As novas tecnoloxías teñen moito que dicir no xeito en que podemos coñecer o patrimonio arqueolóxico. O Colexio de Fonseca de Santiago acolle desde onte a exposición Trazos do pasado, unha exposición Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) en coalboración coa USC que amosa casos prácticos no emprego destas ferramentas. César Parcero-Oubiña, comisario desta iniciativa, comenta para nós unha selección das imaxes que compoñen a mostra.

Imaxe 1.Sombras na terra
pe de foto

As fotografías aéreas tomadas dende avións son un fonte de información arqueolóxica con moita tradición en varios países de Europa, dende hai xa un século, pero non tanta en Galiza. Hai razóns diversas para esa diferenza, e entre elas están as particularidades da paisaxe galega, moi arborada e cun parcelario moi fragmentado que limita a utilidade desas fotos. Cando as condicións son boas, dende as alturas pódense ver cousas que sobre o terreo non se ven: por exemplo, a distinta profundidade do solo (se hai soterrados pozos, foxos ou gabias antigos) provoca no verán que haxa partes da vexetación máis secas ca outras (cando o solo é máis fondo, tarda máis en secarse). Cando tomamos distancia, ás veces podemos ver con claridade a forma desas estruturas arqueolóxicas soterradas, coma neste exemplo de cabanas e gabias do Neolítico en WestKennet (Inglaterra).
© Arquivo de EnglishHeritage, SU 1068-239 15-JUL-2000 NMR 18725-15.

Imaxe 2. Sitios perdidos
pe de foto

Coma moitas outras tecnoloxías modernas, a fotografía aérea foi en orixe un invento militar, para espionaxe. Máis adiante empezou a usarse para producir mapas cunha utilidade máis xeral, coma no caso dos mapas topográficos nacionais de España. Na actualidade, estas imaxes proporcionan unha información esencial para diferentes investigacións históricas, pero tamén nos dan unha visión ás veces xa irrepetibel de sitios arqueolóxicos e paisaxes que desapareceron. Un bo exemplo son estas dúas imaxes dun mesmo lugar, Vila Meã (Vila Nova de Cerveira, Portugal), a carón do Miño, unha tomada en 1957 e a outra na actualidade. Na imaxe antiga se ve con claridade a forma do chamado Forte de Campos, unha fortificación de época moderna (dentro do circulo vermello), e ao seu redor unha forma cadrangular redondeada que semella corresponder a un campamento romano. Na actualidade todo iso ten desaparecido pola construción do polígono industrial.
© Instituto Geográfico Exército Portugués e Instituto Geográfico Nacional de España

Imaxe 3. Maxia dende o aire

pe de foto


Entre as tecnoloxías máis modernas, o chamado Lidar está a producir un enorme impacto en arqueoloxía. O Lidar é un escaneado láser en 3D do territorio, feito dende un avión. O barrido con laser que fai ese avión cubre con grande detalle todo o terreo, e permite ter un mapa enormemente detallado da súa superficie. Pero, amáis diso, o Lidar permite “eliminar” de forma virtual a vexetación, e ver con detalle o que se oculta debaixo das zonas de matoxo ou bosque. Deste xeito é posible identificar e recoñecer moitas cousas que non se ven nunha simple foto, e que incluso no terreo poden ser difíciles de apreciar. Esta imaxe é un bo exemplo: trátase da fortificación de ZahoriceVladar, na República Checa, nunha área moi cuberta de árbores na que “a maxia do Lidar” permite eliminalos e observar con grande claridade as murallas e foxos do sitio arqueolóxico.
©MartinGojda, UniversityofWest Bohemia.

Imaxe 4. Xoguetes útiles

pe de foto

Outra das tecnoloxías que está a ter un enorme impacto en arqueoloxía son os drones. A facilidade do seu uso e máis o seu baixo custe poñen ao alcance de case calquera persoa a posibilidade de facer as súas propias fotografías aéreas, de subirse ao alto e ver as cousas dende arriba. Os arqueólogos sempre temos buscado xeitos de mirar os sitios dende o alto, para ter unha visión máis ampla e de conxunto; e se antes estábamos limitados a usar andamios ou escalas, agora podemos mirar dende máis arriba grazas a estes aparellos. Se a iso lle sumamos as posibilidades que nos dan outras novas tecnoloxías tamén accesibles, como a chamada fotogrametría, podemos obter planos dos sitios de xeito moitísimo máis rápido e preciso que con medios tradicionais, como serían a medición e o debuxo a man. Esta imaxe mostra o poboado prehispánico de Turi, no deserto de Atacama (Chile), que foi habitado entre os séculos XII e XIV, e que está a ser estudado nun proxecto do que forma parte o Incipit. A imaxe é un plano completo do sitio, producido mediante a combinación de arredor de 800 fotografías tomadas cun drone, procesadas mediante a devandita técnica da fotogrametría, que mestura todas as imaxes e amais elimina as distorsións das fotos. Así, obtense esta foto que é igual de exacta ca un plano e pódense medir as cousas sobre ela.
©Incipit

Imaxe 5. Formas na paisaxe

pe de foto

Castro de Vela (Xove, Lugo) nunhaimaxe aérea de inicios dos anos 80. Oscastros son un dos tipos dexacemento arqueolóxico máis visiblesnas imaxes aéreas. Polo xeral é sinxelo identificar as súas formas, sempre circulares ou ovais, no medio das formas máis rectilíneas dos camiños, estradas ou límites de fincas. Os cambiosrecentes na paisaxe, coa expansión darepoboación forestal, fan que asimaxes antigas sexan de cotío moitomáis útiles para a súa identificación.
©Incipit