AÃnda que o crowdfunding xa é unha ferramenta habitual nos proxectos culturais, non o é tanto no ámbito da arqueoloxÃa. O mércores presentouse en Oia o proxecto Costa dos Castros, unha iniciativa que aglutina ás comunidades de montes, ao empresariado de servizos turÃsticos locais e ao concello para poñer en valor catro destacados sitios arqueolóxicos de Oia: tres poboados da Idade do Ferro -algún deles con posible reocupación medieval- e o famoso petróglifo da Laxe dos Cebros, no que está representado un barco mediterráneo do segundo milenio a.C. Para conseguilo, o proxecto está a realizar un gran número de actividades, desde unha edición especial de cervexa chamada "A Cabeciña", en homenaxe ao primeiro castro no que interviu o proxecto, e cuxos beneficios de venda irán destinados ao financiamento do proxecto, e tamén unha iniciativa de crowdfunding con raiceiras en Galicia e no Reino Unido.
A través dunha asociación co proxecto Dig Ventures, unha entidade especializada na difusión e investigación do patrimonio arqueolóxico, Costa dos Castros ofrece unha serie de posibilidades e gratificacións ás persoas que acheguen financiamento ou colaboración ao proxecto. Os sitios arqueolóxicos serán escavados en agosto con equipo técnico e voluntariado tanto galego como británico.