Un web desvela o rico patrimonio da guerra hispanoportuguesa do XVII

fortalezas.es permite coñecer todas as localizacións arqueolóxicas do escenario bélico

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Recorte do Plano de Gonçalo Luis da Silva Brandão de 1758 "Planta da Barra de Caminha e entrada do Rio Minho". Fonte: fortalezas.es

Recorte do Plano de Gonçalo Luis da Silva Brandão de 1758 "Planta da Barra de Caminha e entrada do Rio Minho". Fonte: fortalezas.es

Entre 1640 e 1668 a fronteira galaicoportuguesa viuse axitada pola guerra entre as dúas potencias. Os antigos núcleos fortificados medievais redeseñáronse de acordo coa enxeñaría da guerra do XVII e construíronse outras moitas fortificacións de todo tipo. Este impresionante paisaxe bélico, en gran medida descoñecido para o público, vén de ser estudado e sistematizado pola investigadora do CSIC Rebeca Blanco-Rotea na súa tese de doutoramento "Arquitectura e paisaxe. Fortificacións de fronteira no sur de Galicia e norte de Portugal". Canda a tese Rebeca Blanco realizou o web fortalezas.es como mecanismo de divulgación pero tamén como sistema de ordenación do importante conxunto de datos arqueolóxicos sobre o territorio. Agora o web está dispoñible para a súa consulta e uso público.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra, Rebeca Blanco, Paisaxe, Arquitectura...

Claves

Protagonistas
Entidades