O fondo bibliografico e documental de Abanca xa é BIC

O Consello da Xunta outorgoulle onte a máxima protección a este patrimonio

5/6/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Imaxe do incunable Speculum finais retrinutionis

Os 3.214 volumes que conforman o fondo bibliográfico e documental de Abanca foron recoñecidos onte polo Consello de Goberno da Xunta como Ben de Interese Cultural. Esta colección acada así a máxima protección que existe na nosa lexislación, o que obrigará preservala na súa integridade e a sitúa baixo a supervisión da Administración. Pendente de se publicar a orde no Diario Oficial de Galicia, a decisión da Xunta contou con informes favorables da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago e mais do Consello da Cultura Galega. A colección inclúe facsímiles, incunables, fondos de economía e doutros materias e mais unha colección de autógrafos de grande importancia.

Queda pendente aínda a declaración de dúas outras coleccións propiedade desta entidade financeira. Trátase da colección NovaGalicia Banco, que comprende 1.343 pezas de arte, e mais a colección Novacaixagalicia, que inclúe 5.638 obras de máis de mil autores

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Abanca, Xeografía, Economía...