Nun comunicado conxunto, os departamentos de Galego-Portugués, Francés e LingüÃstica (Universidade da Coruña), FiloloxÃa Galega (Universidade de Santiago de Compostela) e FiloloxÃa Galega e Latina (Universidade de Vigo) alertaban onte sobre a situación da nosa lingua. O texto, titulado Declaración conxunta sobre o futuro da lingua e da cultura galegas denuncia que o galego "está en perigo de se converter nunha lingua estranxeira na súa propia patria".
Os asinantes, "tendo en conta os diferentes datos estatÃsticos recentemente publicados sobre o uso e transmisión da lingua galega e o panorama social e polÃtico do paÃs" amosan a súa "profunda preocupación pola situación actual e polo futuro da lingua e da cultura galegas". Entre outras problemáticas denuncian a "redución de persoal e a drástica e alarmante diminución de investimentos en todos os ámbitos relacionados coa promoción do uso e normalización da lingua galega, asà como coa industria cultural a ela vinculada".
Como factores que están a contribuÃr ao retroceso do galego, o texto sinala "a falta de desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega" e "os efectos contraproducentes do Decreto denominado (aÃnda que de forma academicamente incorrecta) `de plurilingüismo´".