Quiosco: A trabe de ouro número 100

Preséntase mañá mércores no local da asociación Portas Ártabras da Coruña

A revista de pensamento A Trabe de Ouro chega a un emblemático número 100, saíndo desde 1990 con periodicidade trimestral e editada por Sotelo Blanco. Neste número edítase un traballo sobre o Padre Feijóo de Méndez Ferrín, unha reflexión sobre muller e xénero de Mariño Ferro, a tradución da Divina Comedia de Dante por Darío Xohán Cabana e reflexións de Xosé Manuel Beiras sobre o estado da nación galega. Este número 100 será presentado no local das Portas Ártabras na Coruña mañá mércores.