Están espallados por todo o mundo, pero sobre todo nas culturas occidentais. Lectorados e cátedras de estudos galegos por todo o mundo, espallan a cultura e a lingua de Galicia entre universitarios que ás veces complementan os seus estudos cos das outras linguas do Estado e o portugués. Hoxe pola tarde e mañá o CCG acolle o seminario o curso "Estudos Galegos/Estudos Ibéricos. Alén das fronteiras" co obxectivo de calibrar a súa orientación e desafÃos futuros.
A universidades de Kiev (Alemaña), Zadar (Croacia), Cork (Irlanda), Nova York (Estados Unidos), Bos Aires (Arxentina)… son algunhas das trinta e sete de todo o mundo nas que se estuda a lingua e a cultura de Galicia. Este tipo de prácticas comezaron hai unhas tres décadas e agora cómpre revisar cales son os atractivos e o interese que estes estudos teñen no contexto actual. Este é un dos cometidos do seminario internacional “Estudos Galegos/Estudos Ibéricos. Alén das fronteiras”, que se desenvolve ata o venres 19 na sede do Consello da Cultura Galega. A cita tamén serve para por sobre a mesa as modalidades de promoción, difusión e articulación das linguas ibéricas (galego, portugués, catalán e vasco) nos ámbitos académicos internacionais. O presidente da institución, Ramón Villares, e o coordinador do seminario, Henrique Monteagudo, son os encargados da inauguración que terá lugar mañá mércores ás 16:30 horas.
“Agora, nun momento en que os paradigmas de humanidades están a mudar, cómpre ver que atractivo e que interesen teñen os estudos galegos neste contexto” explica Henrique Monteagudo, coordinador deste seminario de carácter internacional que se desenvolve en colaboración coa SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica. Nese panorama, este seminario tamén pretende poñer sobre a mesa as modalidades de promoción, difusión e articulación das linguas ibéricas (galego, portugués, catalán e vasco) nos ámbitos académicos internacionais. A cita ten outro valor engadido, que é o de xuntar por primeira vez na mesma mesa os responsables dos institutos encargados da difusión da cultura e o idioma das diferentes linguas ibéricas, como son o Instituto Cervantes, Camões, Llull e Etxepare.
O programa
A cita comeza hoxe coa difusión das linguas española e portuguesa e remata analizando os estudos galegos na perspectiva feminista. No medio, Alejandro Alonso, do Brooklin College, analizará os estudos galegos e a súa emerxencia nos novos paradigmas tomando como referencia a Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao, o mito polÃtico do nacionalismo por excelencia, e a Xoán González Millán, un profesor de literatura que dedicou os seus traballos, na última década do século pasado, a cuestionar os mitos fundadores da literatura galega e, por extensión, da cultura nacionalista. No medio, Gabriel Rei Doval, da Universidade de Wisconsins-Milwaukee, explicará as repercusións da inclusión do galego na Modern Language Association. Outras intervencións, como a de Xosé LuÃs Regueira, da Universidade de Santiago de Compostela, servirán para expor un balance da experiencia dos cursos de verán para persoas de fóra de Galicia.
As tendencias dos estudos ibéricos e transatlánticos na universidade estadounidense ou a análise dos estudos galegos na beira do Mar Balticum entre 2001 e 2015 son outros dos temas que se abordarán neste seminario.
A cita ten tamén outro fito, xuntar por primeira vez en Galicia os responsables dos centros encargados da difusión da cultura e lingua do castelán, portugués, vasco e catalán. É dicir, VÃctor GarcÃa de la Concha, director do Instituto Cervantes; Ana Paula Laborinho, presidenta do Instituto Camões; Alex Susanna, director do Instituto Ramón Llull, e MarÃa José Olaziregui, directora académica do Instituto Extepare.
O seminario desenvolverase en formato presencial, pero con algunhas intervencións por videoconferencia, como son as de Gabriel Rei Doval ou Thomas Harrington, ambas as dúas desde os Estados Unidos.
Os estudos de galego no mundo
Na actualidade, segundo datos da Xunta, o galego é obxecto de estudo en trinta e sete universidades. Vinte e nove delas contan con lectores asentados en departamentos coñecidos como Centro de Estudos Galegos, que imparten materias de lingua galega adaptadas ás necesidades do alumnado de cada universidade (gramática histórica, cursos de conversa, cursos de lingua e civilización, etc.). Os programas académicos e formativos complétanse con numerosas actividades relacionadas coa lingua galega e, en xeral, coa cultura galega.