Múltiples actividades nos festivais de Caldas e da Fundación Artabria

Quenta o sol.... e a festa

Música, teatro, pasarrúas, circo, exposicións, concertos, cursos, deportes de risco.... estas son algunhas das actividades que están programadas para os dous festivais que arrancan esta fin de semana en Galicia. Un deles comeza en Caldas, chámase "Culturas quente", dura un mes e preséntase como unha alternativa "sana" para os máis novos. E o outro celébrase en Narón, corre da man da Fundación Artabria e pretende ser unha pequena loita lúdica contra a globalización ensalzando a terra e a lingua.




Caldas está que arde


Coa chegada das vacacións e da primeira "remesa" de turistas que gozan do período estival, Caldas aproveita para animar á súa mocidade co festival "Culturas Quentes". Un certame que sorprende ano tras ano e que pretende ser un lugar de encontro das artes coas ideas, da cultura coa reivindicación, ademais de ser un lugar de exhibición de pequenos grupos e proxectos comprometidos.
Nesta cuarta edición todas as súas actividades agrúpanse baixo o lema "Cultura sen papeis", que ofrece a problemática das migracións. E neste sentir común teñen preparados unha serie de actos que van facer que Caldas queza un pouco máis.
E os aperitivos do acto comezaron este luns coa instalacións artísticas dos alumnos e Belas Artes, e o Kyak tolo no Umia. Sen embargo, os actos verdaeiramente fortes comezan hoxe coa apertura da Ludoteca do Festival no Paseo Román López, e da exposición de Víctor Manuel Lorenza no Auditorio Municipal.
Este domingos haberá un grupo de Danzas e un recital de cantautores brasileiros no Auditorio con Claudia Campos e Pablo Seoane. Un evento que dará lugar ás acampadas e intercambios xuvenís que rematarán o día 6 de xullo co teatro de rúa ·Bagoadas". E ese mesmo día Killer Barbies, Straw-Nrery, Grass, Kannon, Karbon 14 e Revelbeat. E un día máis tarde e nese mesmo escenario Australian Blonde, Sex Museum, The Dismal, Deluxe e Super Skunk animarán ó público que se achegue ata Caldas.
Pero non só concertos, senón tamén artes, poesía, danza, folclore, teatro, deporte e fotografía formarán parte desta aventura que fai que Caldas esté máis quente que nunca.













A terra e a lingua contra a globalización


Logo das marchas antiglobalización que se estiveron celebrando ó longo desta semana en diferentes puntos do globo, a Fundación Artabria celebra no Muíño de Pedroso a súa reivindicación dun xeito moi singular. E no canto de protestas e de marchas organiza un encontro "Um outro mundo é possivel, Festival da terra e da lingua" que durante dous días encherá o o Muíño de música, teatro, circo popular, recitais de poesía, e moitas cousas maís. E todas co obxectivo común de artellar unha actividade sociocultural en contra dunha orde global desde a terra e a cultura popular.