O equipo dirixido polo arqueólogo navarro Iñaki Sagredo rematou unha pequena campaña de sondaxes no sitio arqueolóxico dos Moutillós, un promontorio ubicado sobre a praia de San Román (O Vicedo), co obxectivo de determinar se se trataba dunha construción artificial defensiva. Tras un esforzo inxente (o sitio arqueolóxico está tapado por dous metros e medio de area), os arqueólogos localizaron nas dúas pequenas sondaxes un nivel de ocupación da mota no que apareceu cerámica de época medieval e outros fragmentos que non se puideron determinar, cravos de metal, restos óseos e anacos de tella, ademáis de novas áncoras de pedra aos pés do sitio arqueolóxico, que se suman ás xa localizadas por Mariña Patrimonio. A ocupación do sitio, segundo Sagredo, foi moi breve: "o estrato fértil no que aparece material arqueolóxico ten só uns 10 centÃmetros de profundidade", e finalizou, posiblemente, cun gran incendio. Os arqueólogos recolleron carbóns en diferentes partes da mota para poder datar con precisión o momento de abandono do lugar. Sagredo xa programa unha nova campaña no sitio para o 2015.