A Xunta aproba a delimitación do Camiño Inglés

O proceso iniciárase en 1997

5/9/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Dous anos despois de presentar a primeira proposta, a Xunta de Galicia aprobaba, no seu Consello de onte a delimitación oficial do Camiño Inglés a Santiago de Compostela. O trazado definitivo, segundo recolle a nota informativa da Xunta, "é a suma de dous itinerarios de peregrinación apoiados sobre dous camiños tradicionais de longa distancia: o camiño real de Santiago a Ferrol e o camiño real de Santiago á Coruña, sendo ambos coincidentes desde a súa confluencia no lugar das Travesas". A vía transcorre polos concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago de Compostela.

Logo de estudar as 35 alegacións que se presentaron sobre o proxecto inicial, que se daba a coñecer en 2012, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural realizou modificacións de escasa relevancia que afecta a un 4,74% na liña de traza e algo máis do 1% do territorio considerado histórico. As mudanzas afectan aos concellos de Ferrol, Narón, Oroso e Santiago de Compostela. A incoación do procedemento de delimitación desta vía xacobea comezara en 1997.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miño, Santiago de Compostela, Narón, Xunta de Galicia...