Unha vila como fondo

As Xornadas de Cine e Vigo de Galicia cumpren 30 anos no Carballiño

Fotograma de O imaxinario infantil, de Marcos Nine.
Fotograma de O imaxinario infantil, de Marcos Nine.
As Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (XOCIVIGA) son un evento mítico na conformación do audiovisual galego desde os anos 80, que apostan porque Carballiño sexa non só un lugar de debate, senón un lugar no que se grave cine, e para iso alentan aos afeccionados. Aquí podes ver as curtas gañadoras do concurso deste ano.

As Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (XOCIVIGA) son un evento mítico na conformación do audiovisual galego despois da ditadura de Franco. Naceron en 1984 co obxectrivo de crear "un novo modelo de festival". Pretendía ser un lugar de encontro anual "onde os profesionais galegos do audiovisual participaran xunto a profesionais chegados doutros puntos do Estado ou do exterior". Debates, proxeccións, colaboración con festivais portugueses e tamén propostas para afeccionados e exposicións que buscan reivindicar o papel dunha pequena vila do interior, O Carballiño, como escenario para rodaxes. Películas como La casa de la LLuvia, Cotolay ou Despertar en París graváronse parcialmente no Carballiño.

As XOCIVIGA 2014 ofreceron aos afeccionados dúas modalidades para realizar curtas en dúas modalidades: a primeira, cunha duración máxima de cinco minutos, e a segunda, gravada con teléfonos móbiles, cunha duración tope de dous. Iso si, ambas as dúas debían representar "os escenarios ambientais da comarca do Carballiño".

GAÑADORES DA EDICIÓN 2014

1º Premio ao mellor curtametraxe “en 5 minutos” XOCIVIGA_2014 a “O imaxinario infantil” de Marcos Nine



-Premio á mellor idea orixinal á curtametraxe “Nostrum” de Iris Justo



-Premio ao mellor curtametraxe “2 minutos en móbil” á curtametraxe “Meu Pai” de María Fondado



-Premio do Público “A noite da véspera” de Jesús Soto Filloy