
1.Museo das Peregrinacións (Santiago de Compostela)

Santiago Peregrino
Pénsase que foi un dos últimos cadros pintados por Juan de Flandes, posiblemente para o retablo da Capela Universitaria de Salamanca. O naturalismo das faccións de Santiago é un componente resaltable desta composición que se encadra na escola pictórica hispano-flamenca.
2. Museo Arqueolóxico de Ourense

Tabula de Hospitalidade de Castromao (132 d.C.)
Trátase dun documento fundamental para a historia polÃtica da vella Gallaecia. 150 anos despois da conquista do noroeste peninsular das mans de Augusto e os seus legados, a táboa amosa o acordo polÃtico de hospitalidade entre os coelerni, o pobo galaico que habitaba na zona actual de Celanova, e o prefecto militar romano da Cohorte I dos CeltÃberos.
3.Museo de Belas Artes da Coruña

Filliña. Francisco Asorey
Asorey foi un escultura decisivo do século XX galego, caracterizado pola súa atención ás tradicións populares galegas e o primitivo da súa estética. Para o Museo de Belas Artes, “destacara a revalorizaciónd un material tradicional da escultura galega como é a madeira policromadae a iconografÃa de tipos galegos”
4.Museo Massó (Bueu)

Escena nas profundidades mariñas. Urbano LugrÃs (1948)
Este museo dedicado ao mar e á conserva é unha fascinante retrospectiva do papel económico do medio mariño para a sociedade galega, pero tamén conserva fascinantes obras de arte, como esta pintura de gran formato, unha das seis que decoraba o comedor das mulleres da fábrica.
5. Museo Pedagóxico de Galicia (Santiago de Compostela)

Pupitre
O Museo Pedagóxico atesoura unha importante colección de material pedagóxico que permite ver a evolución da escola e das técnicas de ensino desde o século XIX. Unha aula reconstruÃda ou pupitres coma este son parte desta colección que, para moitos, aÃnda é memoria viva.